Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Lucía Aldao comparte a súa 'Pava'

A POETA CORUñESA PUBLICA O SEU PRIMEIRO PROXECTO MUSICAL EN SOLITARIO

Lucía Aldao comparte a súa 'Pava'

POP | decembro 14, 2021

pava_aldao.jpg

A poeta Lucía Aldao estréase na música en solitario cun proxecto de disco virtual propio. Nos últimos tempos estabamos afeitos a non disociar a Lucía da súa compañeira na poesía e nos escenarios , María Lado, no dúo Aldaolado. Agora Lucía Aldao (A Coruña, 1982) xa ten nas plataformas dixitais 'Pava', un disco de cinco temas propios que non aspira a converterse en disco físico senón puramente como cancións para ser escoitadas e descargadas, de tal xeito que mercar o traballo (para os 100 primeiros compradores) supón recibir o dereito de descarga das cancións e a escultura realizada pola artista Laura Pazos para ilustrar a portada do traballo.

'Pava', un título cheo de polisemias que pode designar a unha muller, un animal femia ou o resto dun cigarrillo, gravouse en Berlín e conta coa produción musical, imaxe e vídeo de Diego Delgado. As cancións, todas en galego, basculan con naturalidade entre as sonoridades pop luminosas e o rock post punk escuro, que emparenta co de The Jesus and Mary Chain ou Triángulo de Amor Bizarro, por coller unha referencia máis achegada. En todo caso trátase dun traballo libre de prexuízos e feito con liberdade, con letras cargadas de poética e un sentido lírico e profundo. Esta 'Pava' de Lucía Aldao mantén acesa a chama que non semella próxima a extinguirse e pdoe´ria ser o primeiro dunha nova traxectoria da artista, máis alá dos seus outros proxectos.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer