Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Sete festivais galegos compiten nos premios ibéricos do sector

OS IBERIAN FESTIVAL AWARDS ESTáN AGORA MESMO EN FASE DE VOTACIóN POPULAR

Sete festivais galegos compiten nos premios ibéricos do sector

MISCELáNEA | decembro 17, 2021

imaxe non dispoñible

A pesares da dificultade para organizar este tipo de eventos, no ano 2021 puidéronse celebrar algúns festivais musicais en Galicia, moitos deles cun cambio de formato adaptado á situación. Grazas a iso ata sete destas citas realizadas na nosa comunidade veñen de presentarse nalgunha das 22 categorías dos VI Iberian festival Awards, certame que premia eventos de España e Portugal. Citas xa veteranas nestes galardóns como Portamérica, SonRías Baixas, WOS ou O Son do camiño, volven buscar recoñecmento nalgunhas das moitas categorías destes galardóns, entran con forza tamén outras novas como O Son dos Arrieiros, da Estrada, e Nachiños Fest, de Ferrol. Agora mesmo o certame está en fase de votación por parte do público a través de Internet, despois os resultados que decida o público pasarán pola decisión dun xurado que comunicará o seu veredicto nunha gala en Lisboa o 26 de marzo de 2022. En anteriores anos xa foron premiadas algunhas das citas galegas neste certame.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer