Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os festivais de verán asómanse con esperanza

PORTAMERICA, REVENIDAS E VIVE NIGRáN AVANZAN NOVIDADES PARA 2022

Os festivais de verán asómanse con esperanza

MISCELáNEA | decembro 23, 2021

imaxe non dispoñible

Co final de ano comezan a moverse esperanzadas as noticias sobre os festivais de cara ao verán. Nesta semana tres foron as novidades relativas a estes eventos que foron avanzándose de cara a convencer ao público máis previsor, as tres relativas a festivais da provincia de Pontevedra. Así, dos festivais Revenidas, Vive Nigrán e Portamérica xa temos noticias sobre os primeiros nomes do seu cartel, as datas ou mesmo algunhas outras cousas. Moitos deles xa teñan á venda abonos e entradas con descontos para os máis madrugadores.

Portamérica. Nomes, cambio de datas e espazos
No caso do festival Portamérica, xa temos á nosa disposición unha novas datas que trasladan o evento aos primeiros días de xuño, do 2 ao 4 concretamente. Ademais o evento dispérsase por varias localizacións nesta décima edición, incluíndo a Azucreira de Portas, onde se celebrou o evento este ano en peculiares condicións e con cancelación da metade do programa, mentres que mantén a Carballeira de Caldas e máis suma a Tafona de Caldas de Reis tamén. No cartel estarán Lori Meyers, Baiuca, Rozalén, Viva Suecia, Arde Bogotá, Natalia Lacunza, Andrés Suárez, Coque Malla, Mikel Erentxun ou La La Love You, entre as primeiras confirmacións nas que tamén se inclúen Fon Román eGrande Amore, entre outros moitos. Ademais tamén hai nomes xa para o ShowRocking gastronómico habitual do festival, comisariado por Pepe Solla, polo que pasarán chefs como Ángel León, Eneko Atxa, Andoni Luis Aduriz, Maca de Castro, Francis Paniego ou Begoña Rodrigo.

Revenidas e Vive Nigrán
Grazas ao seu xa relaxado formato e as boas coincidencias coas vagas pandémicas, o festival Vive Nigrán non tivo que renunciar a facerse senón tan só adaptarse. Para o vindeiro verán o evento regresa coa súa 6ª edición en Praia América, nos días 15 e 16 de xullo e xa ten caqnda menos un nome para o seu cartel: Rigoberta Bandini. A artista actuará na segunda xornada do evento. Cinco días de setembro, entre o 7 e o 11, son as datas escollidas polo festival revenidas de Vilaxoán de Arousa para levar a cabo a súa nova edición. O festival arousán xa ten media dúcia de nomes tamén confirmados do seu cartel, sen datas asociadas a cada un. Sabemos así que por alí pasarán as actuacións de Baiiuca, SFDK, Dubioza Kolektiv, Lendakaris Muertos, Zoo e Ladilla Rusa. Son os primeiros avances dun sector, o dos festivais, que mantén viva a esperanza de ter un verán de música ao aire libre e celebración.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer