Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Os d'Abaixo voltan con Somos a pedra

O áLBUM GRAVOUSE AO VIVO NOS ESTUDIOS DA ESCOLA DA RúA

Os d'Abaixo voltan con Somos a pedra

FOLK | xaneiro 5, 2022

somosapedra_osdabaixo.jpg

Logo dunha exitosa campaña de Verkami, a banda Os d'Abaixo presentaba este mes de decembro Somos a pedra. O terceiro traballo do grupo recupera pezas populares, entre elas algunha das gravadas por Alan Lomax, e incorpora composicións propias para sumar un total de once temas. As traballadas melodías integran arranxos inéditos na traxectoria da banda e ritmos vivos para deconstruír formas tradicionais. O sexteto propón sonoridades nas que o baile se mestura coa escoita pausada, cunha percusión máis variada que en anteriores traballos.

O álbum gravouse ao vivo nos nos estudios da Escola da Rúa, e compleméntase con diferentes creacións audiovisuais das que o grupo xa presentou tres vídeos. Eliseo Parra, Maria João e Xavier Lozano preséntase como as colaboracións especiais que fan parte do traballo.



O álbum completo en Youtube


datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer