Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A OSG celebra un concerto para promover a declaración da Torre de Hércules a Patrimonio da Humanidade

MúSICA A CATROCENTOS

A OSG celebra un concerto para promover a declaración da Torre de Hércules a Patrimonio da Humanidade

CLáSICA/LíRICA | abril 27, 2005

imaxe non dispoñible

Esta fin de semana o Teatro da Ópera da Coruña acollerá un dos concertos máis numerosos da súa historia. Non só porque encherá o aforo (xa están vendidas todas as localidades) senón porque no escenario haberá ata catrocentos músicos para interpretar a Oitava Sinfonía de Mahler. Acompañan á Orquestra Sinfónica de Galicia neste concerto, a Xove Orquestra Sinfónica, o Orfeón Donostiarra, o Coro de Cámara do Palau, os Nenos Cantores e o Coro da OSG. O concerto inclúese dentro do programa de actos promovido para apoiar a declaración da Torre de Hércules a Patrimonio da Humanidade.

Máis información en Galicia Hoxe e no web da Sinfónica

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer