Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O grupo lucense Islabikini saca o seu segundo traballo 'Photographs' gravado e producido nos estudos de Arturo Vaquero

ISLABIKINI PRESENTA NOVO DISCO

O grupo lucense Islabikini saca o seu segundo traballo 'Photographs' gravado e producido nos estudos de Arturo Vaquero

POP | maio 10, 2005

not_6234.jpg

O grupo lucense Islabikini presenta este mes o seu novo e segundo disco “Photographs”, un álbum de once temas gravado e producido nos estudos que Arturo Vaquero dirixe en Abrigueiro (Friol). O produtor ven acompañando ao grupo desde os seus comezos e é co-produtor neste traballo editado pola discográfica Falcatruada. Neste álbum a formación pretende transmitir “a secuencia visual e sonora dun día chuvioso, dun día en aparencia triste, pero iluminado por descargas de intensidade e emoción”, Islabikini pretende ofrecer unha manchea de cancións atemporais, cancións sinceras e sen máis pretensións que “capturar a intensidade dunha instantánea, dun momento que non volverá”. O grupo presentará o seu novo disco en varios concertos, os dous primeiros serán o venres 13 de maio na Sala Xoldra (Guitiriz) e o venres 27 de maio na Sala Strass de Lugo.

Máis información no sitio de Islabikini

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer