Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O Coro Lonxe da Terra do Centro Galego de Barcelona presenta o CD Froita Madura

FROITA MADURA E VARIADA

O Coro Lonxe da Terra do Centro Galego de Barcelona presenta o CD Froita Madura

CORAL | xuño 2, 2005

not_6345.jpg

En activo desde 1934, a formación coral Lonxe da Terra da emigración galega en Cataluña leva con este catro traballos editados, o primeiro deles a banda sonora da película "Niebla al sol" en 1952. Nun acto celebrado o domingo 29 de maio no CGB presentouse esta gravación, "Froita madura", de catorce temas divididos en catro bloques temáticos: Terra, Mar, Ar e Alén. Nestas categorías insírense cinco obras do músico Ángel Barja (Ourense, 1938 - León, 1987); cantigas dos trobadores medievais (obras de Xohán de Requeixo, Don Dionís, Martín codax e Mendinho); unha obra de Roxelio Groba; arranxos corais sobre obras de Lennon/McCartney, James Hudson/Robert Sund, e un espiritual negro; unha peza tradicional raiana de Galicia, León e Asturias; e a popular "brincando no ar". As imaxes do libreto que acompaña ao disco son do pintor noiés Alfonso Costa e mailo fotógrafo Fco. Javier Alonso Peláez. Na presentación interviron Luis Lamas, presidente do CGB, César del Caño, director do coro, Xosé Aviñoa, Catedrático de Musicoloxía da UB, Basilio Losada, Catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da UB e Alfonso Costa, pintor.

Máis información no Centro Galego de Barcelona

AUDIO
Portada Froita Madura
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer