Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Grupos galegos de folk súmanse ao Manifesto a prol da música de raíz da SGAE

AUTORES FOLK

Grupos galegos de folk súmanse ao Manifesto a prol da música de raíz da SGAE

FOLK | xuño 28, 2005

imaxe non dispoñible

Membros dos grupos máis coñecidos do noso folk, coma Berrogüetto, Milladoiro, Quempallou ou Luar na Lubre, canda a outros coma Rosa Cedrón, Carlos Núñez ou Rodrigo Romaní son algúns dos asinantes do “Manifesta pola música de raíz” que presentaba onte a Sociedade Xeral de Autores e Editores en Oviedo. O texto reivindica o recoñecemento das figuras dos autores e dos intérpretes e reclama un salario xusto para os músicos deste xénero. Simultaneamnte coñecemos que as bandas Manxadoira, Xarabal, Xochilmica, Os Enxebres e Pepe Vaamonde entre outros representarán o noso país no XXXV Festival Intercéltico de Lorient, en Brataña, o vindeiro mes de agosto. No evento participarán, canda a eles, Susana Seivane e Carlos Núñez coma un dos cabezas do cartel.

Máis información sobre o manifesto da SGAE en Galicia Hoxe e en Faro de Vigo sobre Lorient no web do festival


 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer