Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Mutenrohi celebra o décimo aniversario cun disco e DVD e Islabikini presenta o seu novo disco en Lugo

PROFETAS EN TERRA PROPIA

Mutenrohi celebra o décimo aniversario cun disco e DVD e Islabikini presenta o seu novo disco en Lugo

FOLK | setembro 22, 2005

imaxe non dispoñible

Comeza o outono musical coa presentación do disco recompilatorio do grupo ourensán Mutenrohi. O disco supón un repaso á historia desta banda con dezaoito temas dos seus dez anos de actividade e inclúe un DVD co seu percorrido musical. A presentación do disco, no Teatro Principal de Ourense, consistirá nunha actuación cuxa recadación irá en beneficio da Asociación Down Ourense. Os que tamén presentan traballo na súa cidade de nacemento son os lugueses Islabikini que actúan este xoves 22 na sala Clavicémbalo presentando Photographs (Falcatruada, 2005) e que ademais participarán no San Froilán co único concerto en solitario dun grupo local nestas festas.

Máis información no sitio de Islabikini
e de Mutenrohi no sitio de Zouma Records

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer