Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Santiago e Lugo acollen esta semana unha nova edición dos seus festivais de Jazz

MOITO JAZZ

Santiago e Lugo acollen esta semana unha nova edición dos seus festivais de Jazz

JAZZ/BLUES | novembro 14, 2005

imaxe non dispoñible

Esta noite comeza en Lugo a XV edición dun dos seus festivais máis clásicos, o de jazz. Unha cita que organiza a Asociación Escobijazz que este ano ofrece un programa no que están Mike Stern e Horacio Hernández, “O negro”. As xornadas prolónganse ata o sábado 19, un día despois de que comece o II Compos Jazz Festival, a cita coa música da capital de Galicia. Organizado pola concellaría de Cultura, a Fundación Caixa Galicia e o Dado Dadá, os músicos galegos compartirán espazo co saxofonista Le Konitz, K Santandreu Cuarteto, Telmo Fernández Cuarteto e Bill Bruford’s.

Máis información sobre o Festival de Lugo, e en Compostelacultura.org sobre o Compos Jazz Festival



 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer