Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Mutenrohi e Luvas Verdes presentan novos discos mentres o Xabarín anuncia a súa vindeira escolma de grupos

FOLK E O NOVO XABARíN

Mutenrohi e Luvas Verdes presentan novos discos mentres o Xabarín anuncia a súa vindeira escolma de grupos

FOLK | novembro 21, 2005

imaxe non dispoñible

A banda de folk Mutenrohi cumpre dez anos e publica “... e van dez”, un álbum que, ademais de varios dos temas máis coñecidos do grupo, inclúe un DVD no que se pode ver unha actuación en directo. Tamén pola banda folk, o cuarteto tradicional Luvas Verdes debuta con “Fandango desesperado” no campo discográfico. Virándonos cara ao rock, chéganos a nova de que para o Nadal publicarase un novo álbum do Xabarín Club. Ademais do tema “Os colegas de Xabarín”, con letra de Manuel Romón e Julián Hernández, barállanse para o álbum colaboracións coma as de Iván Ferreiro, Xoel Gómez ou Lamatumbá, segundo asegura “El Correo Gallego”.

Máis información sobre o disco de Mutenrohi e o de Luvas Verdes en La Opinión; o novo álbum do Xabarín en La Voz de Galicia e en El Correo Gallego


 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer