Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Xoel López e Iván Ferreiro voltan á casa logo de participar no Laboratorio Ñ

DE BUENOS AIRES AO POLO

Xoel López e Iván Ferreiro voltan á casa logo de participar no Laboratorio Ñ

POP | novembro 23, 2005

imaxe non dispoñible

As conexións internacionais da música son ben curiosas. Por unha banda Xoel López e Iván Ferreiro veñen de pechar a súa participación no Laboratorio Ñ, un proxecto de convivencia entre músicos en castelán do Estado Español e mais de Arxentina. Os galegos compuxeron cadanseu tema neste evento, que ficará recollido nun DVD feito polo grupo Voz Audiovisual. E de Arxentina ao Canadá. Un grupo de música tradicional inuit ou esquimó acaba de gravar en dous estudos pontevedreses o seu último traballo. O contacto con Juan Hernández, membro do grupo Laio, nun festival de novas músicas, favoreceu este curioso encontro.

Máis información en La Voz de Galicia sobre o Laboratorio Ñ; sobre a gravación en Pontevedra


 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer