Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / En “Todo vai ben” os Zënzar mesturan o rock coa denuncia social

VIBRACIóNS CON SENTIDIñO

En “Todo vai ben” os Zënzar mesturan o rock coa denuncia social

ROCK | xuño 2, 2001

not_7511.jpg

O grupo Zënzar achéganos desde Meirama o seu segundo disco, "Todo vai ben". Detrás dunha espectacular portada debuxada por Javi Prieto atopamos trece temas ben tocados e cantados integramente en galego nos que a enerxía máis pura mestúrase co lirismo e coa denuncia social. Os Zënzar continúan co seu estilo: ritmos rápidos con guitarras contundentes conforman o groso do disco. As letras, agudas e críticas, conforman unha paisaxe na que a carraxe e a ironía son as armas contra o caciquismo, contra a destrución do medio, contra o poder e a hipocrisía. O disco gravouse nos estudios "Nuevos fusión" de Javier Abreu en Nigrán entre decembro do ano 2000 e febreiro deste ano, e foi producido integramente polo propio grupo.
A pesar de que o rock duro é o ritmo dominante no disco, atopamos dous temas nos que o grupo se abre a outros ritmos con colaboracións de luxo. Xan dos Papaqueixos achega a súa gaita a "Todos me queren", adaptación dun tema popular. Pola súa banda, Rómulo Sanjurjo, dos Diplomáticos, toca o acordeón en "A banda do coche encarnado", un narco-corrido achegado á realidade galega.

AUDIO | 30 SEGUNDOS
Chegando a casa
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Chove
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer