Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / As pandeireteiras Anubía presentan o seu primeiro disco "Segredo a voces"

NO BICO UN CANTAR

As pandeireteiras Anubía presentan o seu primeiro disco "Segredo a voces"

FOLK | maio 21, 2001

not_7520.jpg

Anubía é un grupo formado por seis pandeireteiras que na puberdade xuntáronse a cantar dentro da Agrupación Folklórica Cantigas e Agarimos e que comezaron a súa experiencia en gravacións participando en 1996 co grupo Berrogüetto no álbum Navicularia. Co seu primeiro traballo discográfico "Segredo a voces" (Boa Music, 2001) Eva Blanco, Maite Castro, Ana Blanco, Teresa Triáns, Patricia Blanco e Isabel Vilaseco amosan o seu dominio das cordas vocais. Nos doce temas que se recollen no disco as polifonías vocais quedan equilibradas entre elas e cos instrumentos grazas a un bo traballo de produción da man de Pancho Álvarez, membro da banda de Carlos Núñez. Nesta ducia de temas do disco atopamos influencias ben asimiladas de ritmos árabes ou melodías pop que enriquecen e achegan orixinalidade. Sen dúbida que as achegas de catro dos membros de Berrogüetto á gravación do álbum contribúe a dotar ó son dunha calidade excepcional.

Imaxe promocional do disco Segredo a voces
Imaxe promocional do disco Segredo a voces
Imaxe promocional do disco Segredo a voces
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Nai
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer