Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Orquestra Sinfónica de Galicia gaña un Goya pola banda sonora do filme "Sei quen es"

SEI QUEN SONA

A Orquestra Sinfónica de Galicia gaña un Goya pola banda sonora do filme "Sei quen es"

BSO | abril 16, 2001

imaxe non dispoñible

A produción galega "Sei quen es", dirixida por Patricia Ferreira acadou un Goya á mellor banda sonora o pasado sábado tres de febreiro. Detrás da banda sonora desta produción houbo un esmerado traballo de coordinación entre directora do filme e o músico, José Nieto, un profesional de recoñecido prestixio, que xa acadara varios Goya pola música de películas coma "El bosque animado", "El rei pasmado" ou "El maestro de esgrima". Xuntos desenvolveron un traballo de visionado e un intenso proceso de discusión coa intención de definir perfectamente a sensación que a música debía transmitir en cada escena. A idea básica que vertebra todas as pezas musicais partiu dunha escena da película, aquela na que o protagonista, que sufre amnesia recupera momentaneamente a súa memoria. A partir deste intre concreto desenvolvéronse vinte e unha pezas musicais que xiran arredor duns personaxes que tentan esquecer o seu pasado para fuxir do destino. As pezas foron gravadas pola Orquestra Sinfónica de Galicia baixo a dirección do propio José Nieto, no Auditorio da Coruña.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer