Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Cova Folk da Coruña pechou despois de catorce anos de actividade musical e hosteleira

CAE A COVA

A Cova Folk da Coruña pechou despois de catorce anos de actividade musical e hosteleira

FOLK | marzo 23, 2006

imaxe non dispoñible

Un dos locais destacados dentro do panorama da música folk en Galicia, A Cova Folk, pechou no pasado día de San Patricio as súas portas definitivamente. O pub é propiedade de dous dos membros do grupo Luar na Lubre, Bieito Romero e Pachi Bermúdez, e o próximo derrube do edificio no que está na Rúa do Orzán número 38 obriga á súa desaparición. Polo local, pioneiro no apoio ao folk, pasaron nestes anos figuras destacadas da música como Carlos Núñez , Susana Seivane, Milladoiro, Manu Chao , Paco Ibáñez membros de Capercaillie ou The Chieftains. Malia todo haberá unha certa continuidade xa que Romero e Bermúdez abrirán, a cen metros de alí na rúa Cordonería, un novo local de nome Espiral Folk.

Máis información en La Voz de Galicia

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer