Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Despois de seis anos de actividade os composteláns Samesugas presentan o seu primeiro disco longo

ALá VAN OS SAMESUGAS

Despois de seis anos de actividade os composteláns Samesugas presentan o seu primeiro disco longo

ROCK | maio 19, 2006

imaxe non dispoñible

Os composteláns Samesugas teñen xa listo o seu primeiro disco longo “Alá Vai!” (H Records). O disco mantén a esencia punk desta banda con seis anos de vida e máis dun cento de concertos ás costas. O disco está gravado nos estudios Bonham da Coruña e editado polo selo catalán H Records e preséntano nun concerto de conmemoración do cuarto aniversario do selo na Sala Capitol o xoves 1 de xuño. Aínda que é o primeiro disco longo, con catorce cancións, non é a primeira gravación do grupo que xa ten varios EP e un vinilo. O grupo presentará o seu traballo nunha xira que os levará polo resto da península e polo Reino Unido, Benelux e Escandinavia.

Máis información na edición diaria de Galicia Hoxe

VIDEO | Edu o Rápìdo
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer