Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Tres músicos abandonan a formación de Los Limones pero o proxecto permanecerá arredor de Santi Santos

LIMóNS AMARGOS

Tres músicos abandonan a formación de Los Limones pero o proxecto permanecerá arredor de Santi Santos

POP | outubro 9, 2006

not_8659.jpg

A volta do grupo ferrolán Los Limones co seu recente disco “Palabra” está complicarse, polo menos de portas a dentro, coa disgregación da actual formación. No foro do sitio oficial do grupo aparecen desde finais de setembro mensaxes avisando sobre unha ruptura que xa foi confirmada polo guitarrista Miguel De La Cierva, que asegura que tanto el como o batería Pipo García e o veterano Álvaro Lamas, ao cargo da steel guitar, abandonan a actual formación. Desde a discográfica Carlito Records negan que se poida falar de ruptura xa que segundo eles “Los Limones é Santi Santos”, e engaden “el ten todos os dereitos e é o líder”, asegurando que a existencia do proxecto musical Los Limones enténdese só como acompañamento arredor do músico ferrolán. Así postos Los Limones seguirá coa promoción de “Palabra” con Santi Santos á fronte pero cambiando substancialmente a formación coa que se presentou neste disco.

VIDEO | Emigrante

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer