Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Filharmonía de Galicia presenta a temporada de abono despois da primeira xira americana

CALENDARIO MUSICAL

A Filharmonía de Galicia presenta a temporada de abono despois da primeira xira americana

CLáSICA/LíRICA | outubro 16, 2006

not_8697.jpg

Despois da súa primeira xira sudamericana, a Real Filharmonía presenta este xoves a temporada musical. Das 30 citas que se sucederán ata o vindeiro 14 de xuño no Auditorio de Galicia, destaca a inclusión no seu repertorio de bandas sonoras cinematográficas. Un día despois, o venres 20, comezará en Vigo unha nova edición do “Are more”, un ciclo de música clásica que este ano conta con dúas liñas de traballo: dunha banda programar concertos fóra de Vigo e, da outra, un cartel de calidade pero sen as grandes figuras doutras edicións. Por último, Patricia Barber e Christian McBride serán os principais reclamos do Festival de Jazz de Lugo que terá lugar entre o 13 e o 18 de novembro.

Máis información nos web da Real Filharmonía e no do Festival de Jazz de Lugo
e do Festival Are More


 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer