Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Xoel López é finalista do Premio IMPALA ao Álbum europeo do Ano

'SUEñOS Y PAN' é O úNICO DISCO DA INDUSTRIA INDEPENDENTE ESPAñOLA ENTRE OS 22 CANDIDATOS

Xoel López é finalista do Premio IMPALA ao Álbum europeo do Ano

INDIE | marzo 8, 2018

imaxe non dispoñible

Apenas uns días despois de coñecer que Xoel López era o artista galego con máis candidaturas (4) aos Premios MIN da industria independente española, vimos de saber que os seus equivalentes europeos, os premios que concede a asociación europea de compañías musicais independentes IMPALA, tamén recoñecen a excelencia de Sueños y pan (2017, Esmerarte / Altafonte). O disco de López é o único en representación da industria española da produción de 2017. Vinte e dous finalistas de 19 países optan ao Premio ao Álbum Europeo do ano 2017, nunha lista na que o disco de Xoel terá que competir con artistas como os británicos The XX, a neocelandesa Aldous Harding ou o sueco Loney Dear. O gañador decidirase con votacións dos membros de IMPALA e será anunciado a finais de marzo pola asociación con sede en Bruselas.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer