Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Loro Facu e Free Riders, dupla ración de festivais en Miño

AS DúAS CITAS DE VERáN COMPARTIRáN EMPRAZAMENTO CUN MES DE DIFERENZA

Loro Facu e Free Riders, dupla ración de festivais en Miño

ROCK | marzo 20, 2018

imaxe non dispoñible

Este verán Miño será sen dúbida o concello festivaleiro por excelencia. Co mesmo emprazamento, nunha área triangular xunto á Praia Grande de Miño, a localidade coruñesa terá dous festivais, un a finais de xullo e outro en agosto. Seguindo unha dinámica de crecemento, o Festival Loro Facu anunciou un cartel para tres días seguidos, do 27 ao 29 de xullo, para o cal ademais pasa de celebrarse no porto a facerse xunta a praia nunha zona máis grande, cunha área de acampada integrada e cun programa de actividades moito máis amplo. O sitio é o mesmo no que xa o pasado ano o festival Free Riders, de motos e música, fixo a súa primeira edición e este ano repite entre o 23 e 26 de agosto. O cartel do Loro Facu preséntase xa completo con 19 actuacións entre os seus dous escenarios. O FIV de Vilalba tamén ven de pechar cartel o 17º Ribeira Sacra fixo novas confirmacións.

Sexy Zebras e Los Bengala encabezan a oferta musical do Festival O Loro Facu. A potencia sonora a cargo de bandas de orixe nacional é un dos denominadores comúns do cartel desta cita. Bandas como Bala, Aphonnic, Niña Coyote eta Chico Tornado, Oh Ayatollah, Minor Empires, True Mountains, Bule ou Kings of the Beach pasaran entre outras polo escenario principal mentres que o no escenario acústico poderán escoitarse as propostas dos portugueses We Bless this Mess, Os Novos, Wasted Wiltons e as actuacións de Pardo e Edu Calvario. Menos dun mes despois desta descarga de enerxía sonor ao mesmo sitio encherase de novo de rock and roll cos vatios e as motos do Free Riders Festival que xa ten avanzada parte da súa oferta musical tamén, aínda con bandas por confirmar e con moito rock chegado da escena internacional. A veterana formación británica The Professionals do ex-Sex Pistols Paul Cook encabeza o cartel do 2018 presentando o seu recente disco de 2017. Jim Jones and The Righteous Mind, tamén británicos e os noruegueses Bloodlights conforman tamén a parte alta do póster. Hai sitio no Free Riders para o rock galego e así podemos ver a banda ferrolá Pölisong ou The Pretty Shirts de A Guarda e repite a banda máis local do cartel: os miñoráns The Artificieros, que xa estiveran na anterior edición deixando moi boas impresións.

Ligazóns
Relacionadas

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer