Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O festival urbano Super Bock Under Fest comeza hoxe a primeira edición

OUTRAS CITAS COMO O VIVE NIGRáN, REVENIDAS OU ROCK IN RíO TEA ENGADEN NOMES AOS SEUS CARTEIS

O festival urbano Super Bock Under Fest comeza hoxe a primeira edición

MISCELáNEA | marzo 23, 2018

imaxe non dispoñible

A semana trouxo varias novidades e confirmacións de datas e nomes para os eventos musicais que están a mover masas de afeccionados cada ano. Entre as novas citas musicais deste ano temos unha que comeza hoxe mesmo, o festival urbano Super Bock Under Fest 2018. Celebra este venres e sábado a súa primeira edición. Dez espazos diferentes da cidade de Vigo acollerán os concertos de máis de 20 bandas. O peculiar artista británico Benjamin Clementine, Premio Mercury no 2015, é o cabeza de cartel e actuará o sábado 24 de marzo no Auditorio Mar de Vigo. Entre o extenso cartel están tamén os nomes, entre outros de Myles Sanko, Mounqup, Basanta, Capsula, Fuckaine, Australian Blonde, Presumido ou Sen Senra. Tamén hoxe mesmo coñecimos a incorporación ao Atlantic Festival da Illa de Arousa dos Kaiser Chiefs e La Casa Azul que se unene así aos anteriormente confirmados The Vaccines.

O festival Vive Nigrán Picnic Pop , cuxas primeiras confirmacións en cartel xa temos dado previamente, engadiu está semana un dos nomes grandes: a banda Sidonie será a encargada do concerto Mahou Cinco Estrellas do evento. O festival que se celebra os días 20 e 21 de xullo tamén avanzou un Dj Set a cargo de Abraham Boba. Non lonxe de alí, na localidade pontevedresa de Ponteareas chegou tamén esta semana a confirmación do primeiro nome para o festival Rock in Río Teas que se celebra nesa vila o 21 de xullo. Unha das “superbandas” españolas do momento é o primiro nome do cartel: Gran Cañón. O grupo está formado por Carlos Tarque voz (M Clan), Leiva á batería e voz (Pereza), Julián Maeso ó piano e Hammond, Ovidi guitarra e voz (Los Zigarros), Iván “Chapo” ó baixo (M-Clan) e Prisco á guitarra (M-Clan).

Entre os días 17 e 19 de agosto se celebrará, segundo se ven de confirmar, unha nova edición do festival Revenidas en Vilaxoán de Arousa. Os finlandeses Steve ´n´ Seagulls, os valencianos ZOO e a banda brasileira Banda Xangai son as primeiras ofertas musicais desta cita. Por outra banda, tirando cara o interior do país, Morgan, Puerto Candelaria e Holly Miranda veñen de sumarse ao cartel do Festival 17º Ribeira Sacra, que celebrará a súa segunda edición do 27 de xullo ao 5 de agosto de 2018. Estas novas confirmacións daranlle a réplica a primeira fin de semana de celebración do Festival 17º Ribeira Sacra a Coque Malla, Woods, Ten Fé, Mujeres e Fuckaine, artistas xa confirmados no cartel. Son aínda moitos os nomes artisticos que se seguirán a sumar aos festivais galegos nas vindeiras semanas para encher os carteis das citas musicais que se sucederán, sobretodo entre xuño e setembro

Relacionadas

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer