Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Castelo Rock de Muros presenta o cartel da súa XVª edición

COMEZA EN COMPOSTELA O FESTIVAL URBANO MELONA FEST

O Castelo Rock de Muros presenta o cartel da súa XVª edición

MISCELáNEA | abril 4, 2018

imaxe non dispoñible

Sen anuncios previos e nunhas poucas horas o festival Castelo Rock de Muros desvelou todos os nomes que completan o seu cartel para este ano. A XVª edición de este evento reunirá entre os días 3 e 4 de agosto doce diferentes propostas musicais cos eixos comúns do punk rock e da actitude combativa. A banda Riot Propaganda encabeza o cartel xunto a Non Servium, Lendakaris Muertos e Terbutalina. Na proposta deste festival organizado pola asociación cultura sen ánimo de lucro Praia do Castelo tamén están os Festicultores, Liviao de Marrao, El ültimo ke Zierre e outras bandas. O festival ofrece acampada de balde e xa ten á venda abonos anticipados por 19,90 euros (máis gastos).

En Santiago hoxe dará comezo a terceira edicón do Melona Fest, que se celebrará ata o vindeiro domingo, 8 de abril en sete diferentes recintos da capital galega. O colectivo La Melona aorganiza este evento de cultura alternativa no que ademais de 20 propostas musicais ofrece un programa con actividades, charlas e proxeccións audiovisuais. A música electrónica en múltiples fusións terá grande protagonismo neste evento no que tamén hai sitio para o trap e outros xéneros. Nomes como Esplendor Geométrico, Nidia, Rayotaser, Monqup, Pálida ou de BoyankA KostovA conforman o cartel entre outros. O Riquela Club, a Sala Malatesta, A Sala Sónar, o bara Embora, o Corzo ou a Fundación SGAE son algúns dos recintos onde se desenvolverá o programa deste festival urbano.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer