Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Dios ke te Crew retrata a súa madurez en O Ciclo da Serpe

A BANDA PRESENTE CUN CONCERTO NA SALA CAPITOL O DíA 11 O SEU TERCEIRO áLBUM

Dios ke te Crew retrata a súa madurez en O Ciclo da Serpe

HIP-HOP | maio 7, 2019

ciclo_da_serpe_diosketecrew.jpg

Logo de oito anos desde o seu anterior traballo e de se dedicar a diferentes proxectos persoais, os membros de Dios ke te crew, grupo de referencia do hip-hop galego, lanzan o seu novo disco conxunto. O Ciclo da Serpe preséntase ao público cun concerto o vindeiro 11 de maio na compostelá Sala Capitol e achega dezaseis cortes nos que o grupo mantén o seu carácter de intervención social. Cuestións como o ascenso da ultradereita, os refuxiados, as drogas, a reivindicación da liberdade de expresión, as redes sociais ou a xestión do lixo son abordados coa habitual sátira e retranca en letras traballadas que amosan a madurez do conxunto.

Sons afiados e bases moi traballadas con acompañamento de guitarras ou samplers de sons ambientais amosan o bo facer dos de ordes, que transitan entre diferentes ritmos no que é o seu terceiro álbum.
Cun marcado carácter conceptual, O Ciclo da Serpe conta ilustracións de Lidia Cao e unha capa de realidade aumentada arredor da serpe uróboros e a idea da natureza cíclica das cousas.

O álbum, autoeditados, gravouse en Rapapoulo Estudio (Ordes) e foi masterizado en Jammin Masters (Berlín). No mesmo Dios ke te Crew acompáñase de colaboracións como a do actor Miguel de Lira, que participa en dous sketches, Alto Asalto e Hermano L nas voces, e músicos como Manu Paino, Serxio García, Xosé Antonio Ríos, Martiño D. Mato, Inés Mirás ou Javier Pardiñas.

Xa dispoñible en plataformas dixitais, a versión física do disco sairá á venda o vindeiro 17 de maio aínda que os asistentes ao concerto de presentación poderán facerse cun exemplar a prezo reducido. O grupo lanzou como adiantos deste traballo os videoclips Silenciø e Melancolía.



datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer