Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Comeza a rodaxe dunha película baseada na vida de Juan Pardo

RUBéN RIóS DARá VIDA AO MúSICO NO FILME 'PARDO POR LA MúSICA'

Comeza a rodaxe dunha película baseada na vida de Juan Pardo

POP | maio 14, 2019

imaxe non dispoñible

Hoxe comeza en Sevilla gravación dun filme dacabalo entre o documental e a ficción que contará a vida do músico Juan Pardo. Pardo foi unha das figuras claves do inicio do pop en España nos anos sesenta e setenta, con grupos como Los Pekenikes, Los Brincos ou en dúo co outro músico Junior (Juan & Junior). Galego de adopción, compuxo temas para Xil Ríos ou Andrés do Barro e del parten algúns temas en galego que entraron directamente como éxitos estatais nos anos setenta. O actor ourensán Rubén Riós encarnará ao artista na parte da recreación ficticia da súa vida. O proxecto producido por Magnetika films para TVG e Canal Sur conta no elenco artístico tamén con Desiré Pillado, Alfonso Agra, Jorge Usón e Anmi Lamar entre outros. E na parte documental aparecerán as achegas testemuñais de Lucía Pérez, Nonito Pereira, Lys Pardo, Karina, Luz Casal, Maria Teresa Campos, Lucía Bosé, Paloma San Basilio e outros moitos.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer