Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Caudal Fest volve a Lugo a celebrar a súa segunda edición

O FESTIVAL LORO FACU DE MIñO TAMéN AVANZA CARTEL

O Caudal Fest volve a Lugo a celebrar a súa segunda edición

MISCELáNEA | maio 16, 2019

imaxe non dispoñible

O pasado ano o Caudal Fest, este festival de novo cuño e que aparece como de "peche do verán", congregou a máis de 22.000 persoas en setembro na cidade das murallas e este ano busca manter e aumentar todas as cifras. As datas son similares as do 2018, este ano terá lugar o 20 e 21 de setembro, serán dous días completos de festival. Ademais da confirmación da celebración e as datas, a organización da empresa Bring The Noise, xa fixo as primeiras confirmacións artísticas do seu cartel con nomes para todas as liñas do mesmo e xa con algúns nomes da escena galega como Xoel López, Agoraphobia e Holywater. Xunto a eles na oferta deste ano do festival aparecen nomes coñecidos da escena do indie tanto no pop, coma no rock e o hip-hop: IZAL, La M.O.D.A., Beret, La Pegatina, Toteking, Carolina Durante, Los Bengala, Tigre Y Diamante, Bocanada e Galician Army. As entradas estarán á venda o vindeiro martes 21 de maio ás 11:00, cunha oferta para as primeiras 1000 de tan só 29€ máis gastos por todo o festival, que conta co apoio do Concello de Lugo.

A pola cuarta edición vai outro evento moi digno a ter en conta para este verá, o festival Loro Facu de Miño. Do 26 ao 28 de xullo a localidade coruñesa acollerá de novo este evento que se distingue, ademais de pola súa excelente localización, por unha coidada selección musical de bandas independentes e alternativas na que nunca faltan algunhas das figuras máis interesantes a nivel estatal. No caso desta IVª edición o cartel aparece encabezado pola banda madrileña Toundra, Guadalupe Plata e Cala Vento. As primeiras confirmacións tamén inclúen formacións da terra como The Blind Crows e aos locais The Artificeros. Xunto a eles tamén estarán en Miño Biznaga, Viva Belgrado, Bastards on parade, Moura e Hickeys, segundo o primeiro anuncio de nomes. O evento ofrece prezos especiais para os censados na vila e os abonos xerais xa están a venda.


 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer