Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Pop
Música Pop
Eladio y los seres queridos presentan o seu segundo disco
Xénero: VIDEO
| 18 / 3 / 2011 +A partir do vindeiro 22 de marzo chegará ás tendas Están ustedes unidos, o segundo disco de Eladio y los seres queridos. O proxecto, que sae baixo o selo Esmerarte/Altafonte, presentarase ao público o vindeiro día 24 ás 21h cun concerto gratuíto no "Nuevo Tinglado del Puerto" en Vigo. Os 12 temas do disco, canda ao videoclip do primeiro single están xa dispoñibles no MySpace do grupo. Unha das cancións é Non quero perderte unha versión en galego dun tema que xa anteriormente gravaron en castelán no seu anterior disco Esto que tienes delante (2007).
Roi Casal presenta Maxicamente vello
Xénero:
| 18 / 2 / 2011Un concerto, ás nove e media desta noite, na Sala Capitol de Santiago servirá de presentación a Maxicamente vello o novo disco de Roi Casal. O arpista de Milladoiro continúa a súa carreira en solitario con nove temas entre os cales está o que lle dá título ao CD, tirado dun poema de Manuel María que Casal musicou. Dentro do folk, o músico experimenta achegándose a tons pop e rock con instrumentos como a zanfona e bouzouki ademais da arpa. Roi Casal inclúe no disco un código de usuario e un contrasinal co que se pode acceder a unha zona restrinxida da web www.roicasal.com, que incluirá novidades, cancións inéditas e descontos para futuras actuacións ao vivo do músico e compositor galego. O Teatro Rosalía de Castro, na Coruña, continúa unha xira que durará, nun comezo, dous meses.
Iván Ferreiro, Xoel López e Elodio y los Seres Queridos abren unha xira para lanzar novos músicos
Xénero:
| 30 / 11 / 2010Entre os cincuentra discos máis vendidos nos últimos dous anos non hai ningún grupo emerxente. E precisamente ese descoñecemento é o que pretende combater Girando por salas (CPS), unha iniciativa que xunta a novas promesas con valores consagrados da música en salas de concertos a baixo prezo (entre 5 e 10 euros). Santiago acolle hoxe o primeiro dos concertos desa particular xira que ten ámbito estatal, con Xoel López e Iván Ferreiro (que revisarán os seus éxistos máis coñecidos) de “padriños” de Elodio y los seres Queridos (Sala Capitol, Santiago, 21:00 horas). Non será o único grupo galego desta iniciativa pola que tamén pasarán Aló Irmao, Delahoja, Quempallou e Triángulo de Amor Bizarro. Todos eles se presentaron ao proceso de selección a través da web cunha comisión formada por representantes das asociacións musiciais que, xunto co Ministerio de Cultura promoveron esta actividade.
Silvia Penide autoedita o seu cuarto disco Las Erres dobles
Xénero: VIDEO
| 22 / 10 / 2010 +Silvia Penide presenta hoxe en directo no Salón Teatro de Santiago o seu cuarto traballo de estudio, Las Erres Dobles, un E.P. de cinco temas gravado da man de Juan de Dios Martín, músico e produtor de recoñecidas agrupacións como Deluxe, Lovely Luna ou Albertucho, entre outros. A artista de Meicende inicia con este disco o camiño da autoedición tras tres álbums sacados de man do selo Falcatruada. A actuación enmárcase no ciclo ST Música Presente da Agadic e a artista de Meicende estará acompañada por unha banda e polas pezas audiovisuais de Olaia Sendón. O vindeiro día 6 terá lugar a presentación do videoclip na Fnac da Coruña e ese mesmo mes espera estar de xira por Galicia.
Nadadora presentan o seu terceiro disco Luz, oscuridad, luz
Xénero: VIDEO
| 23 / 9 / 2010 +A formación grovense Nadadora ven de sacar ao mercado o que é o seu terceiro traballo de longa duración Luz, oscuridad, luz co que poden asentar a súa presenza no panorama do pop indie nacional. Para este disco a banda comeza unha nova etapa da man do selo pontevedrés Ernie Records tras os anteriores traballos con Jabalina. O álbum gravouse nos estudios Abrigueiro de Lugo baixo a produción do coñecido Fino Oyonarte (Super 8, Los Planetas) e coa colaboración de Arturo Vaquero. Once temas forman esta nova oferta discográfica que xa está a venda tamén en formato vinilo e no que a banda mantense esencialmente fiel ao seu estilo sen renunciar a dar un paso de madurez e experiencia.
Dous discos inaugurarán o selo discográfico Matapadre
Xénero:
| 23 / 8 / 2010Alex Mera, Iago Martínez e Cuco Pino, ou o que é o mesmo, o colectivo Oruga están a traballar nun novo traballo fiel á súa fusión de pop e electrónica. Un disco que estreará o novo selo discográfico, Matapadre, vencellado á produtora Work on Sunday. Canda o traballo dos pontearáns, o do grupo Disco Las Palmeras! abre este novo selo que, como aseguran no seu web de Myspace, “estilisticamente está aberto está aberto a calquera cousa de vaia do pop ao rock e as novas tendencias”. Os traballos editaranse para o vindeiro outono.
Proyecto Kournikova faise co premio Mans Futuro Pop&Rock 2010
Xénero:
| 28 / 7 / 2010O premio Mans Futuro Pop&Rock 2010, ten xa gañadores. Os coruñeses Proyecto Kournikova gravarán no estudios Mans ao longo do mes de agosto un disco do que se editarán 500 exemplares. O certema, co que a Fundación Paideia eos estudios Mans, en colaboraciçonn coa Fnac e a plataforma Xpressionk!! queren apoiar os novos grupos do país, contou coa participación de 11 bandas.
Víctor Coyote presenta Joven de cuello vuelto
Xénero:
| 6 / 7 / 2010É un novo single que presentou na minixira galega de xuño. O tudense Víctor Coyote, residente na actualidade en Madrid, presenta o seu novo single, Joven de cuello vuelto, que inclúe serigrafías deste artista versátil. O novo disco pódese escoitar no MySpace de Víctor Coyote.
O Concello da Coruña recolle as propostas da plataforma "Salvemos o Noroeste PopRock"
Xénero:
| 22 / 6 / 2010Finalmente haberá Noroeste PopRock. A reivindicación popular canalizada a través das redes sociais obrigou ao concello da Coruña a cambiar de opinión e organizar este encontro. Será os días 4 e 5 de agosto e cada un deles contará coa actuación de tres grupos. Ademais destes, haberá catro bandas que serán elexidas por concurso público a través dunha votación na rede. Entre as principais novidades organizativas destaca que o Concello da Coruña recolle así as propostas feitas pola plataforma Salvemos o Noroeste PopRock para evitar que este ano non se fixese por falta de orzamento.
Iván Ferreiro saca o seu terceiro disco Picnic extraterrestre
Xénero: VIDEO
| 19 / 5 / 2010 +O vigués Iván Ferreiro pon esta semana nas tendas o seu novo disco Picnic Extraterrestre (Warner Music, 2010), o seu terceiro disco de estudio en solitario. O disco, que contén 12 temas, leva cancións compostas por el e como xa é habitual polo seu irmán Amaro Ferreiro, así como por Pablo Novoa. Fiel ao seu recoñecible estilo Ferreiro ofrécenos o seu pop melancólico e intimista, comezando pola canción que se usa de promoción do álbum Farenheit 451, que non defraudará aos seus seguidores e cuxo vídeo, dirixido por Daniel Etura, tampouco ha deixalos sen unha certa dose do desasosego habitual do que é bandeira Iván Ferreiro. Como xa é tamén marca do artista moitos dos temas poden escoitarse a través da súa web e é previsible que vaia deixando alí todas as cancións así como as súas letras.
REPORTAXE

Disco con etiqueta
Data.O vinte de maio o público e un xurado escollerán o Primeiro disco pop do ano de solistas galegos