Para alén do seu valor ecolóxico e paisaxístico, os nosos ríos son tamén un recurso pedagóxico de primeira orde. Iniciativas coma o Proxecto Ríos, que o colectivo ecoloxista ADEGA coordina no noso país, agrupan un feixe de centros de ensino no control e coñecemento dos seus cursos de auga máis próximos. A maiores, Nova Escola Galega organizaba en Melide un encontro a pasada semana para analizar as posibilidades didácticas dos nosos ríos.
A incidir neste potencial, Nova Escola Galega organizaba a pasada semana en Melide a V Xornadas Ciencia e Territorio, centradas precisamente no emprego da auga. Segundo explica Xulio Pérez, desde a organización deste evento, a finalidade primordial das xornadas é darlle a coñecer ao profesorado o coñecemento científico máis actual sobre o medio para aplicalo no seu traballo. Deste xeito, o encontro abordou en sucesivos anos, temas coma a xeoloxía, a botánica ou a arqueoloxía. A auga, que centra esta edición co lema Usos e abusos, será tamén a protagonista do vindeiro ano. Na vindeira convocatoria queremos ver outros empregos da auga, visitar minicentrais hidroeléctricas, tratar o termalismo e falar tamén de posibles solucións posibles para voltar a auga ao seu medio natural, completa Pérez.
Como aproveitar a auga
Desta volta, os contidos centráronse especialmente nas posibilidades que ten a auga no noso contorno de cara ás aplicacións didácticas. Deste xeito, visitas a unha planta depuradora ou excursións e análises dun río achegaron propostas sobre como tratar co alumnados cuestións coma o ciclo da auga, os seus empregos ou a variedade animal e vexetal que acompaña os ríos. Actividades coma a visita á planta potabilizadora permite pór en evidencia os empregos da auga e que implica o abuso deste recurso, sinala. Canda a isto, recoñece que o coñecemento do ciclo da auga e, sobre todo, a bioloxía, son as principais materias que se aproveitan das posibilidades didácticas deste medio. De calquera xeito, disciplinas coma a química, coas análises da composición de augas dun río ou da súa acidez, ou mesmo a xeografía, con cuestións coma o emprego dos terreos das beiras.
O Proxecto Ríos
Unha das actividades centrais destas xornadas foi a excursión por un río que se desenvolveu seguindo os criterios do Proxecto Ríos. Esta iniciativa, que a Asociación para a Defensa Ecolóxica e Galicia (ADEGA) coordina desde hai tres anos no noso país, pretende crear unha rede cidadá de control e defensa dos cursos fluviais. Na actualidade, 215 grupos de voluntarios, dos que un 41% son centros de ensino, participan nesta iniciativa. Segundo nos explica Virxinia Rodríguez, coordinadora do programa O proxecto naceu en Cataluña hai dez anos, nós adoptámolo e incorporámoslle unha perspectiva máis etnográfica. A proposta consiste, basicamente, en desenvolver unha análise sobre o estados dos cursos fluviais. Os grupos van aos ríos e estudan o patrimonio, a fauna e a flora. Hai un manual que explica como se fai a inspección e fichas para encher. Está explicado todo de maneira moi simple, de xeito que calquera o pode facer. A un nivel etnográfico, seguimos as fichas do Museo do Pobo, que recompilan os inmobles que poden aparecer, coma fábricas de curtidos, pontellas ou muíños, e tamén o mobiliario, como barcas ou aparellos de pesca que aparecen na zona, completa.
Escolas nos ríos
A alta participación dos institutos e colexios nestas actividades débese a que desde os centros de ensino os ríos son unha temática bastante traballada. Os materiais que achegamos adáptanse moito ao propio currículo. Pódense abordar materias coma a Física e a Química, coas medicións de caudais, de acidez ou de temperaturas, a bioloxía coa flora e fauna, a xeoloxía con análises de pendentes e de solos, o debuxo, porque hai que facer deseños rigorosos do curso, a música, traballando cantigas relacionadas coa auga e cos ríos ou educación física, realizando roteiros pola zona. O tema pode traballarse desde diferentes materias e mesmo podería ser un proxecto curricular de centro no que o río fose o eixe de todas as materias, completa Rodríguez.
Seguintes pasos
Todos os datos que se recollen nestas actividade preséntase cada mes de decembro nun informe que recompila o estado dos arredor de oitenta ríos que se vixían actualmente. De cara ao vindeiro ano, ADEGA, co apoio da Consellaría de Cultura ampliará a iniciativa co subproxecto Ríos de Lingua e Cultura, unha iniciativa que quere traballar os nomes de fauna e de flora en galego ou os empregos que podían ter as plantas da zona. Tamén para a vindeira temporada, quérese desenvolver a adopción de tramos dos ríos. Isto implicará aos grupos de voluntarios para desenvolver tarefas a maiores como limpezas, sinalización ou recuperación de elementos, sempre segundo eles mesmos decidan, explica Rodríguez. Como vemos, os ríos para alén de auga, achegan grandes posibilidades educativas e culturais. Sen esquecermos o seu potencial para concienciar sobre os problemas do medio. Cando facemos saídas formativas vese moi implicados os alumnos. No rural sobre todo, moitos son xa pescadores e gozan do río doutro xeito. Vese que hai unha sensibilidade, pero é moi difícil saber se iso vai provocar cambios nas condutas. Verase.