
José Suárez era una apaixoado da fotografÃa ata tal punto que xa de pequeño facÃa imaxes estenopeicas con caixas de cartón. Pero ese interese non pasarÃa dunha mera aficción ata que chegou a Salamanca. Foi alÃ, mentres estudaba dereito, cando entrou en contacto coa vangarda artÃstica da época. Pero se hai alguén que deixou nel unha fonda pegada ese foi Miguel de Unamuno. A súa amizade co intelectual foi introducindo nel ese gusto pola reflexión e pola estética que despois José Suárez trasladou ao mundo da fotografÃa.
FotografÃa de vida
“A faceta fundamental de José Suárez e que é un autor vinculado as vangardas europeas, á Revista de Occidente, que emprega a fotografÃa para crear, para expresarse cunha linguaxe moi vangardista na época dos anos 30 que moi pouca xente empregaba, e moito menos en Galicia” explica Xosé Luis Suárez Canal, fotógrafo e sobriño de José Suárez. Fronte á fotografÃa costumbrista que se estaba a facer naquel momento, a de Suárez era de estilo documental, moi pensada e reflexionada. “Pódese encadrar no que é a fotografÃa humanÃstica” apunta Suárez Canal. As imaxes serviranlle a José Suárez para achegarse á natureza e ao home, ou o que é o mesmo, á vida. Amosou sempre unha preocupación de dignificar á persoa retratada, achegándose a ela con respecto e, por iso tamén, os obxectos que fotografa sempre teñen como referencia ao home, á súa relación con el. Suárez Canal matiza que “A súa fotografÃa é unha fotografÃa humanista, pura ao estilo de Paul Strand ou dos fotógrafos da Farm Security Administration, como Walker Evans ou Dorothea Lange”
Gustaba do cinema e foi unha actividade á que tamén se dedicou de xeito profesional “Participou como fotógrafo en 20 pelÃculas, e mesmo fixo algunha inclursión como director” apunta o seu sobriño. Pero el destacou principalmente pola fotografÃa documental. Ata tal punto que as imaxes que publica na prensa (foi correspondente para xornais e revistas arxentinos como La Prensa ou El dÃa) non goza da inmediatez propia deste tipo de traballos. “Son fotografÃas moi pensadas, moi reflexionada, por iso falo sempre de fotografÃa na prensa e non de fotografÃa de prensa” explica Suárez Canal.
A outra constante da vida de Suárez é a viaxe. Foron os seus periplos vitais os que marcaron o seu traballo: nun primeiro momento foi exilio en América (Arxentina e Uruguai), ao que lle sucederon unha viaxe de traballo a Xapón e o seu retorno a Galicia en 1959. Deses tres fitos saÃron numerosas series fotográficas que o fixeron moi coñecido e demandado nos circuitos de exhibición. Por poñer un exemplo, agora mesmo as súas obras colgan no Museu Coleccão Berardo de Arte Moderna e Contemporana de Lisboa, a onde chegan de exhibirse noutro centro, o Museo d´Art Contemporany de Barcelona (MACBA).
A fundación
Cartas, cámaras, material fotográfico, librosÂ… o leigado que José Suárez deixou á súa morte é bastante amplo. “A idea que el tiña era que toda as súa obra estivera nunha fototeca galega” apunta o seu sobriño. Pero á falta esa entidade, a súa familia decidiu iniciar, hai xa cinco anos, os trámites para crear unha fundación que servira para difundir a súa figura, ao tempo que promovera a fotografÃa en Galicia. FÃxoo ideando unha fundación, sita en Allariz, ao estilo da Henri Cartier-Bresson, outro dos grandes da fotografÃa, que mantén unha fundación no barrio parisino de Montparnasse desde o ano 2003. O proxecto foi presentado á Xunta en novembro de 2008 pero, co cambio de goberno, a proposta quedou no aire. “A idea é que, ao tempo que se dá a coñecer a figura de José Suárez, tamén se desenvolva un proxecto fotográfico ao redor da fotografÃa. LevarÃa o seu nome, serÃa anual, cunha cantidade económica que permitira realizar o proxecto e que logo se expuña na fundación” apunta Suárez Canal. Na súa idea tamén figura que o centro acolla unha serie de actividades arredor da fotografÃa. SerÃan xornadas, conferencias, encontros sobre o papel das imaxes nun espazo moi concreto en AllarÃz, a súa vila natal, onde a fundación estarÃa situada entre o Museo Iconográfico de Arte Sacro e a Fundación Vicente Risco, cos que compartirÃa un xardÃn.
Don Miguel de Unamuno. 1932 © Todos os dereitos reservados para uso exclusivo desta reportaxe

José Bergamin en praia Carrasco © Todos os dereitos reservados para uso exclusivo desta reportaxe

La Mancha.Campo de Criptana © Todos os dereitos reservados para uso exclusivo desta reportaxe

Nieve en la Cordillera. 1941 © Todos os dereitos reservados para uso exclusivo desta reportaxe

Nieve na Cordilleira. 1941 © Todos os dereitos reservados para uso exclusivo desta reportaxe

Nieve na Cordilleira. 1941 © Todos os dereitos reservados para uso exclusivo desta reportaxe

O carro.1932 © Todos os dereitos reservados para uso exclusivo desta reportaxe

R.Alberti. 1951 © Todos os dereitos reservados para uso exclusivo desta reportaxe

Ramón Pérez de Ayala. ca1950 © Todos os dereitos reservados para uso exclusivo desta reportaxe

Retrato de José Suárez en Punta del Este co seu can Mambrino. Anos 50 © Todos os dereitos reservados para uso exclusivo desta reportaxe

RomarÃa S Vitoirro. 1932 © Todos os dereitos reservados para uso exclusivo desta reportaxe

RomarÃa S Vitoirro.Os do gorro atravesado.1932 © Todos os dereitos reservados para uso exclusivo desta reportaxe

Serie La Mancha.1965 © Todos os dereitos reservados para uso exclusivo desta reportaxe

Serie La Mancha. El Pedernoso. 1965 © Todos os dereitos reservados para uso exclusivo desta reportaxe

Serie la Mancha. Criptana © Todos os dereitos reservados para uso exclusivo desta reportaxe

Serie Mariñeiros. ca.1934 © Todos os dereitos reservados para uso exclusivo desta reportaxe

Serie Mariñeiros. ca.1934 © Todos os dereitos reservados para uso exclusivo desta reportaxe

Serie Mariñeiros. A procesión do mar.ca.1934 © Todos os dereitos reservados para uso exclusivo desta reportaxe

Serie Mariñeiros. Javiotar. ca.1934 © Todos os dereitos reservados para uso exclusivo desta reportaxe

Xapón. 1953 © Todos os dereitos reservados para uso exclusivo desta reportaxe

Xapón. 1953 © Todos os dereitos reservados para uso exclusivo desta reportaxe
