
Canda Ramón Piñeiro e Xaime Illa Couto, foi fundador da Editorial Galaxia en 1950, eixo fundamental para a recuperación do galego como lingua de prestixio e cultura e do galeguismo durante o franquismo. No ano 1963, dentro de Galaxia, fundou a revista Grial, do que sería director durante os seus primeiros 100 números. Del Riego exerceu incansablemente a difusión da cultura a través de libros e artigos para os xornais. De feito, publicaría o seu último artigo no suplemento Culturas de La Voz de Galicia en xullo deste ano, aínda que xa había tempo que non escribía.
Francisco Fernández Del Riego foi presidente da Real Academia Galega, na que entrou en 1997. Segundo a propia institución, a súa elección: "supón unha apertura sen precedentes na historia da Academia Galega: toman posesión algúns académicos elixidos anos atrás, noméanse novos académicos entre prestixiosos nomes de escritores e intelectuais procedentes de diversos estamentos".