Every dog….

Un arquitecto zaragozano gaña o concurso para construír a escenografía de Eurozone

Detalle do proxecto gañador
Detalle do proxecto gañador "Every dog has it´s day"
Unha escaleira mecánica que remite á idea da fin de Europa, de espazos que non están feitos para vivir, de lugares de tránsito, que traslada unha atmosfera fría e cunha presenza moi contundente. Estas son algunhas das razón esgrimidas por Xesús Ron, director de Chévere, pola que a proposta titulada Every dog has it´s day de Javier Domingo foi a elexida nun pioneiro concurso público para converterse na escenografía de Eurozone, o vindeiro proxecto escénico da compañía. Esta obra de teatro, que ten a súa estrea prevista para o 31 de xaneiro, é un thriller político coa crise europea de fondo.

O alto nivel, a variedade a cantidade das propostas presentadas, 32 en total, fixeron que o xurado recoñeceran dous accésits. Un deles para a proposta “Naipes”, da que o xurado valorou a súa “natureza arquitectónica, un ambiente suxestivo de grandes propostas” e o seu carácter metafórico. ALberto López Porta foi o creador desta aposta. O outro foi para “Atraco perfecto” que cuestiona a arquitectura espectáculo, e propón unha escenografía que reproduce a pequena escala do proxecto da Cidade da Cultura. Este proxecto presentárono Jorge García Anta, Fernando Eiroa e o estudante de arquitectura Francisco Xabier Barral.

É una experiencia novidosa de colaboración entre a compañía teatral Chévere e o Colexio de Arquitectos, que está a abrir novas vías de difusión do traballo destes profesionais. Os proxectos presentados a este singular concurso de ideas poderanse consultar en breve no web do COAG.

… has its day

… has its day

Detalle do proxecto gañador: Every dog has it´s day

Detalle do proxecto gañador

Detalle do proxecto gañador "Every dog has it´s day"

Detalla do proxecto

Detalla do proxecto "Atracto perfecto" (Accésit)

Detalla do proxecto

Detalla do proxecto "Atracto perfecto" (Accésit)

Detalla do proxecto

Detalla do proxecto "Atracto perfecto" (Accésit)

Detalle do proxecto

Detalle do proxecto "Naipes" (Accésit)

Detalle do proxecto

Detalle do proxecto "Naipes" (Accésit)