Dous lotes de libros de Espiral Maior para lembrar o aniversario da poeta do Rexurdimento
Sorteo finalizado

Agasallamos poesía en lembranza de Rosalía



O vindeiro 24 de febreiro celébrase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (1837-1885) e neste ano 2013 cúmprense ademais 150 anos da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Unha efeméride que encherá o ano de eventos e que nós queremos celebrar coa colaboración de Espiral Maior espallando poesía en honor á poeta compostelá. Sortearemos dous lotes de libros de poesía da prestixiosa editorial especializada neste xénero literario, Espiral Maior, entre todos os que nos escribades contestándonos a unha sinxela pregunta: De que obra rosaliana cumpriranse 150 anos da súa publicación no 2030?

Pregunta:

De que obra rosaliana cumpriranse 150 anos da súa publicación no 2030?


As respostas enviaranse antes das 15 horas do mércores 20 de febreiro ao correo lg3@culturagalega.org .


O correo debe levar como asunto “sorteo Rosalía Espiral Maior” e incluír o nome e apelidos, o teléfono e o número de DNI da persoa que participa.


Cada persoa só poderá participar unha vez e a través dunha soa conta de correo.


Entre todos os nomes dos participantes levarase a cabo un sorteo cun programa de selección aleatoria que elixirá un nome.


O resultado do sorteo farase público durante a mañá do xoves 21 de febreiro no portal na páxina desta promoción e comunicaráselle directamente ao gañador ou gañadora pedíndolle o seu enderezo postal.

Os datos de contacto só terán como uso facer o envío dos libros de Espiral Maior e non serán almacenados en ningunha base de datos nin usados para ningunha outra finalidade.

Sorteo finalizado


Resposta: Follas Novas (editada en 1880)

Gañadores:

-Ángela Cortizas Rey
-José Antonio Deibe