culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada
  • roteiros

    Galicia acollerá 12 feiras do libro en 2014
    O programa comezará en Compostela en abril e incorpora Ribadeo

    • 11 / 3 / 2014
    • Santiago. Redacción
    • literatura
    Compartir:


    O calendario das feiras do libro amplíse en Galicia por segundo ano consecutivo. Ribadeo incorpórase á lista de vilas que acollen esta inciativa da Federación de Libreiros. Logo do relanzamento do pasado ano, cun novo formato de postos e de actividades, o programa de feiras deste ano comezará en Compostela o vindeiro 26 de abril e chegará a 12 vilas e cidades. Segundo sinalaron esta mañá a presidenta da Federación de Libreiros, Pilar Rodríguez e mais o vicepresidente, Antón Pedreira, en total son 7 as citas que se organizan co apoio da Consellaría de Cultura e cinco máis as que a Federación aborda co apoio de concellos.

    Precisamente, a presidenta dos libreiros incidiu en que este ano se multiplican as colaboracións con diferentes entidades para garantir a programación dos eventos. Así, intensificarase a presenza das bibliotecas nodais nas feiras. Ademais de dispor dun posto propio, estes centros trasladarán durante un día todas as súas actividades a este espazo.

    Canda a isto, a Federación aposta por manter o formato de feira do pasado ano e en "afondar nel e melloralo", segundo apuntou Rodríguez.


    Datas das Feiras do Libro 2014

    Santiago: 26/04-04/05
    Pontevedra 06/05-11/05
    Lugo: 13/05-18/05
    Vigo: 23/05-01/06
    Ourense: 03/06-08/06
    Ferrol: 11/06-15/06
    Ribadeo: 17/07-20/07
    Rianxo : 24/07-27/07
    A Coruña: 01/08-10/08
    Viveiro: 14/08-17/08
    Foz: 21/08-24/08
    Monforte: 27/08-30/08

    A convocatoria das Feiras do Libro no web da Federación de Libreiros Nova sobre as feiras de 2013
    literatura
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    • 2019-12-05 18:24:28
    A Acadèmia del Cinema Català tamén dá opción de galardóns a 'Quien a hierro mata' e 'Elisa e Marcela'
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    • 2019-12-05 13:22:44
    Era un referente local a nivel artístico e comezou a expoñer nos anos setenta

    Hoxe na nosa edición

Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada