culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada
  • roteiros

    Turismo comeza os investimentos no camiño Norte e Primitivo
    Contratará obras de sinalización e mellora por 3,8 millóns de euros

    • 13 / 7 / 2016
    • Santiago. Redacción
    • patrimonioCamiño de Santiago
    Compartir:


    O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a "licitación para a contratación da obra por lotes do proxecto de construción da recuperación, sinalización e melloras" dos camiños Norte (Ruta da Costa e do Interior) e mais do Camiño Primitivo a cargo da Axencia Turismo de Galicai. En total a entidade prevé investir máis de 3,8 millóns de euros, que se reparten entre os 2,31 destinados ao Camiño Norte pola costa e 1,53 millóns para os restantes. O investimento, que provén un 80% de fondos FEDER, quere mellorar o estado destas rutas ademais de axeitar a súa sinalización á recente delimitación oficial.

    A primeira das licitacións afectará aos tramos que transcorren entre Ribadeo e mais Sobrado e O Pino, mentres na segunda traballarase na ruta entre A Fonsagrada e Melide. En ambos os casos o prazo de execución e de seis meses a partir da resolución. O pasado mes de marzo o Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, anunciara próximos investimentos por valor de sete millóns de euros nestas rutas, que foron incluídas pola UNESCO como parte do Patrimonio da Humanidade do Camiño de Santiago o pasado ano.

    Investimentos nos camiños Norte e Primitivo en La Voz de Galicia Os investimentos nos camiños no DOG Anuncio dos investimentos nos camiños Primitivo e do Norte no web da Consellaría de Cultura
    patrimonio Camiño de Santiago
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    • 2019-12-05 18:24:28
    A Acadèmia del Cinema Català tamén dá opción de galardóns a 'Quien a hierro mata' e 'Elisa e Marcela'
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    • 2019-12-05 13:22:44
    Era un referente local a nivel artístico e comezou a expoñer nos anos setenta

    Hoxe na nosa edición

Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada