culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada

    A Deputación da Coruña outorga vinte bolsas de investigación
    Cada investigador recibe 8000 euros

    • 21 / 9 / 2016
    • Santiago. Redacción
    • ciencia
    Compartir:


    A Deputación da Coruña investiu 160.000 euros na concesión de vinte bolsas de investigación en ámbitos das ciencias, ciencias da saúde, sociais e xurídicas, enxeñaría e arquitectura, artes e humanidades, estudos de xénero e planificación lingüística. Cada bolseiro recibirá 8.000 euros para desempeñar as súas investigacións.

    Proxectos concedidos

    [da nota de prensa da Deputación da Coruña]

    Na área das ciencias, un dos proxectos consistirá na avaliación do uso de drons na investigación forestal, e outro, na caracterización da especie do percebe galego. En canto ás ciencias sociais e xurídicas, farase unha análise xeoturística da Coruña, unha estratexia de extensión da radio na provincia, e unha proposta de plan de formación sobre o trastorno do Espectro Autista para os dos profesionais dos centros dependentes da Deputación.
    Pola súa banda, os traballos de planificación sociolingüística servirán par analizar os usos lingüísticos nas actuacións musicais das festas populares coruñesas, e para crear un detector automático de neoloxismos.

    No ámbito das artes e as humanidades, os proxectos que obtiveron as bolsas da Deputación céntranse nas figuras de Eugenio F. Granell e de Xosé Rubia Barcia. A terceira investigación deste eido abordará o discurso da responsabilidade social corporativa do Grupo Inditex.

    A Deputación confirma o seu compromiso coa igualdade con dúas bolsas para estudos de xénero. Dúas investigadoras estudarán a emigración feminina a Suiza dende a comarca de Terra de Soneira e o discurso entorno á maternidade, respectivamente.

    No eido das ciencias da saúde, os proxectos financiados pola Deputación abranguen estudos sobre o cancro de próstata, o deterioro cognitivo, as células mesenquimais e o cancro gástrico. Os dous investigadores en enxeñaría estudarán o cálculo estrutural de láminas con aplicacións na industria téxtil e na enxeñaría, e a viabilidade ambiental e sanitaria dun novo sistema de abastecemento de auga no medio rural, con aplicación ao núcleo de Igrexafreita (San Sadurniño)

    ciencia
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    Novidades en Portamérica e SonRías Baixas

    Novidades en Portamérica e SonRías Baixas

    • 2018-04-20 14:06:26
    Os festivais FaCeLa fest e Ribeiro Son do Viño pechan carteis
    Comeza a nova etapa do MARCO coa exposición 'Xulio Verne. Os límites da imaxinación'

    Comeza a nova etapa do MARCO coa exposición 'Xulio Verne. Os límites da imaxinación'

    • 2018-04-20 12:10:02
    A mostra da Fundación telefónica incluirá pezas cedidas por museos e coleccións galegas
    Cinco empresas crean a Asociación Galega de Videoxogos

    Cinco empresas crean a Asociación Galega de Videoxogos

    • 2018-04-20 10:32:23
    Pretende representar os intereses profesionais do sector
    Redondela en Curto achega 30 filmes na súa 14 edición

    Redondela en Curto achega 30 filmes na súa 14 edición

    • 2018-04-20 10:19:03
    O evento presentaba onte o seu programa, que se desenvolverá entre o 26 e o 30 de abril

    Hoxe na nosa edición

Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada