culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada

    Malpica aposta polo teatro máis premiado
    Cinco obras galardoadas conforman a XIIª Mostra de Teatro da localidade

    • 31 / 10 / 2016
    • Santiago. Redacción
    • Teatro
    Compartir:


    A XII edición da Mostra de Teatro de Malpica levará á localidade da Costa da Morte cinco espectáculos da escena galega que teñen en común ter recibido diferentes galardóns, xa sexa a obra, a compañía ou o elenco. A programación da XII Mostra presentará un espectáculo cada venres entre o 4 de novembro e o 2 de decembro no Auditorio do centro Cívico municipal. O 4 de novembro abrirá o programa a obra O día do pai, a compañía Malasombra, produtora da obra, ten no seu haber o Premio do Público das anteriores dúas edicións da Mostra de Teatro. A obra Noiteboa, de Redrum teatro, pola que Mela Casal recibiu o Premio Maria casares 2016 á mellor actriz protagonista, chegará na segunda xornada, 11 de novembro. A terceira xornada será para a obra gañadora do VIII Premio Barriga Verde de texto para teatro de monicreques Fábula Galénica. de Fantoches Baj . Outra produción infantil, Luppo de Baobab Teatro, será a proposta da cuarta xornada, esta obra levou o premio ao mellor espectáculo infantil na feira de teatro de Ciudad Rodrigo 2015. Esta duodécima edición da Mostra pecharase por todo o alto o 2 de decembro coa obra Perplexo de Il Maquinario Teatro, unha obra que acadou 5 premios María Casares no ano 2015: Mellor Espectáculo, Dirección, Iluminación, Vestiario e Tradución/Versión.

    Concello de Malpica
    Teatro
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    Mercedes Peón presenta o seu novo disco 'Deixaas'

    Mercedes Peón presenta o seu novo disco 'Deixaas'

    • 2018-04-24 14:03:02
    Propón música tradicional, electrónica e sons industriais neste vangardista quinto traballo
    A Catedral de Santiago crea un novo espazo expositivo sobre o Mestre Mateo

    A Catedral de Santiago crea un novo espazo expositivo sobre o Mestre Mateo

    • 2018-04-24 11:40:27
    Esta mostra permanente acolle pezas recuperadas nas escavacións de 2016
    As bibliotecas incorporan filmes ao seu catálogo de préstamo electrónico

    As bibliotecas incorporan filmes ao seu catálogo de préstamo electrónico

    • 2018-04-24 10:19:33
    A plataforma GaliciaLe suma desde onte 77 películas á súa listaxe de publicacións dixitais
    Xulio Amigo sucede a Manuel Bragado como presidente da Asociación Culturgal

    Xulio Amigo sucede a Manuel Bragado como presidente da Asociación Culturgal

    • 2018-04-23 14:27:48
    O novo presidente enfronta a elaboración dun modelo estratéxico para a feira

    Hoxe na nosa edición

    Mercedes Peón presenta o seu novo disco 'Deixaas'

    Mercedes Peón presenta o seu novo disco 'Deixaas'

    • 2018-04-24 14:03:02

    Cambio de reitores nas universidades de Santiago e Vigo

    • 2018-04-24 13:08:39
    A Catedral de Santiago crea un novo espazo expositivo sobre o Mestre Mateo

    A Catedral de Santiago crea un novo espazo expositivo sobre o Mestre Mateo

    • 2018-04-24 11:40:27

    Antonio Manuel Fraga faise co I Premio de Narrativa Xuvenil María Victoria Moreno

    • 2018-04-24 10:45:22
    As bibliotecas incorporan filmes ao seu catálogo de préstamo electrónico

    As bibliotecas incorporan filmes ao seu catálogo de préstamo electrónico

    • 2018-04-24 10:19:33
Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada