- 13 / 12 / 2016
- Santiago. Redacción
- artebanda deseñada
- 2019-12-11 12:41:52
- 2019-12-11 11:49:33
- 2019-12-11 11:35:45
- 2019-12-10 12:03:01
- 2019-12-11 11:47:18
- 2019-12-11 11:35:45
O Museo de Pontevedra amosa o Mar interior de Miguelanxo Prado
A exposición compila cen orixinais do autor máis recoñecido da banda deseñada galega

Compilar trinta e seis anos de traballo nos máis diversos ámbitor da ilustración, a animación e a banda deseñada. Este é o obxectivo da exposición Mar interior, que abre hoxe as súas portas no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e que repasa a carreira de Miguelanxo Prado. A través de salas temáticas, centradas respectivamente no mar, a banda deseñada, a ilustración, o debuxo de lugares e paisaxes e a a animación, os visitantes poderán repasar un total de cen traballos orixinais deste autor. Na presentación do proxecto, que comisarÃa Fausto Isorna, Prado destacou o recoñecemento que supón para a novena arte do paÃs contar cunha mostra desta magnitude no museo provincial. A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro 29 de xaneiro, e supón unha versión ampliada do proxecto do mesmo tÃtulo que se puido ver no Museo das Peregrinación de Santiago no inverno de 2014. Daquela, a exposición amosaba unicamente 59 pezas orixinais.