culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada
  • roteiros

    Vigo lembra a súa relación con Carlos Casares coa edición dun relato
    AFundación, Feiraco e as Bibliotecas da Coruña presentan as súas programacións para o Día das Letras

    • 3 / 5 / 2017
    • Santiago. Redacción
    • Día das Letras Galegas 2017literatura
    Compartir:


    Segundo se aproxima o Día das Letras Galegas multiplícanse as propostas que conmemoran esta data por todo o país. Entre as máis recentes, destaca a presentación que facía onte no Concello de Vigo en colaboración coa Editorial Galaxia. As dúas entidades rescataron un relato case descoñecido de Carlos Casares, Vigo: a man da xente, que ve agora a luz nunha tiraxe de 8.000 exemplares. O volume, ilustrado por Gloria García, fai un repaso da visión que o autor homenaxeado tiña sobre a Cidade Olívica, e será distribuído entre os alumnos de ESO do concello. Tamén Afundación presentaba onte o seu programa para o Mes das Letras, centrado en sesións de contacontos que voluntarios e voluntarias dos Espazos +60 desta entidade realizarán en diferentes localidades do país para cativos e cativas de entre 3 e 7 anos sobre textos de Casares. Actividades na Biblioteca Afundación de Santiago de Compostela, unha actuación do grupo de monicreques La Tarara no E. I. Zalaeta da Coruña e unha campaña nos perfís das redes sociais da entidade completan as propostas desta entidade para o mes de maio.

    Pola súa banda, as actividades das Bibliotecas Municipais da Coruña comezan xa o vindeiro 5 de maio coa xornada Ramalletes literarios, na que se reivindicará o traballo das pequenas editoras a prol da lingua. O encontro inclúe unha visita á Biblioteca Ágora, unha charla coloquio con representantes de Apiario (onde se realizará unha visita guiada), Patas de Peixe e Chan de Pólvora, e completarase co espectáculo de danza Calvario. O mesmo día celebrarase o Roteiro literario: En feminino con Mercedes Queixas. Un concerto de Xardín Desordenado sobre textos de Casares o día 8 completa polo momento a programación destes centros da Cidade Herculina sobre o autor.

    A empresa Feiraco anunciou tamén a súa participación na efeméride, e distribuirán un millón de cartóns de leite coa imaxe de Carlos Casares. Ademais, nos mesmos haberá impresos códigos QR que permitirán descargarse dúas obras do autor.

    Presentación de Vigo: a man da xente no web de Galaxia O Mes das Letras de Afundación en La Opinión Actividades das Bibliotecas Municipais no web do Concello da Coruña Campaña de Feiraco polo Día das Letras en Europa Press
    Día das Letras Galegas 2017 literatura
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    • 2019-12-05 18:24:28
    A Acadèmia del Cinema Català tamén dá opción de galardóns a 'Quien a hierro mata' e 'Elisa e Marcela'
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    • 2019-12-05 13:22:44
    Era un referente local a nivel artístico e comezou a expoñer nos anos setenta

    Hoxe na nosa edición

Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada