culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada

    PortAmérica arrímase a boa árbore
    Co festival aínda en quente repasamos a que foi a sexta edición do proxecto, a primeira na carballeira de Caldas de Reis

    • 18 / 7 / 2017
    • Santiago. S. Montes
    • MúsicaEspectáculos
    Co festival aínda en quente repasamos a que foi a sexta edición do proxecto, a primeira na carballeira de Caldas de Reis
    Iván Ferreiro actuando no Showrocking Foto: PortAmérica
    Compartir:


    Do mar á montaña, así foi o periplo do festival PortAmérica este ano e polos lados do escenario principal do festival entraban as polas dos carballos como demostracións da simbiose entre o evento e o seu novo entorno. A Carballeira de Caldas de Reis, lugar onde durante moitos anos se celebrou a parte musical do Cultura Quente, acollía este ano a quinta edición de PortAmérica, primeira fóra de Nigrán, o seu emprazamento habitual. Como quen a boa árbore se arrima boa sombra consegue, xa está confirmada a continuidade para o 2018 no mesmo sitio e de feito hoxe sairán á venda en prezo especial os abonos para a seguinte edición, que será a sexta e que de novo encherá Caldas de Reis da proposta portamericana de ideas sobre a música, a gastronomía, a sociedade e o emprendemento. "Hai moitísimos festivais en España e no mundo pero creo que nós conseguimos un concepto único", nos di Kin Martínez, empresario e director do evento pola promotora Esmerarte. "Na medida do posible con estes eventos temos que procurar ir cara un mundo mellor, que soa moi tópico pero hai que poñer unhas bases, por eso estamos traballando na reflexión tamén sobre a gastronomía, sostibilidade... Hai unha serie de valores que queremos ir implantando co festival".

    O cambio de sitio implica tamén cambios no concepto e na experiencia. Non é nin pode ser o mesmo un festival de explanada e polígono industrial a un de carballeira e río, cambia o aforo posible e tamén cambia a experiencia. Partindo dun concepto de festival como tantos hai no resto do territorio e en Europa e América pasamos a una proposta máis propiamente galega, a do festival-romaría, una fórmula xa moi habitual nos festivais folk do país pero aínda pouco explorada desde o pop-rock sobre todo en eventos de tamaño medio. Tampouco é o mesmo organizar un evento como este na área de influencia máis próxima dunha gran cidade como Vigo a facelo nunha vila como Caldas, con menos posibilidades de facer mover grandes cantidades de xente do entorno dos arredores a pesares dun dispositivo de liñas de autobuses propias que a plena capacidade conseguiron sacar das estradas centos de automóbiles unindo Caldas con Vigo, Santiago, A Coruña, Pontevedra e outras doce localidades. Nese sentido o cambio implica tamén un certo redimensionamento da proposta, que se nota na montaxe e disposición de escenarios e mesmo na configuración do cartel artístico, que xa non depende tanto de bandas enche-estadios senón daquelas de seguidores fieis.

    Experiencia colectiva sen masificación
    Con estes vimbios teceuse este ano una nova edición de PortAmérica tomando ao mesmo tempo o lugar da parte musical do Cultura Quente, que sigue existindo como programa máis amplo de actividades culturais e sociais na localidade pontevedresa. O recinto da Carballeira non era novo para os asistentes á pasadas edicións do Cultura Quente, que nos anteriores anos 2015 e 2016 conseguira levar a Caldas 5.000 e 6.000 persoas respectivamente, pero si o era para aqueles que só coñecían o PortAmérica de Nigrán e que seguen coa marca. O PortAmérica, que en 2015 alcanzou o seu pico máximo chegando a rexistrar case 35.000 asistentes entrando na categoría de grandes festivais, pasou aos 20.000 declarados o pasado ano e este ano moveuse en cifras aínda menores, superando iso si, as do Cultura Quente. Arredor de 4.000 persoas asistiron á xornada do xoves, 5.500 o venres e case 8.000 persoas entraron o sábado na carballeira. Un total acumulado de 17.000 persoas que resulta un dato satisfactoria para os promotores. Pero a cifra non é medidor desta experiencia creada ao mesturar as dúas marcas Cultura Quente e PortAmérica, senón a propia que leva o público e artistas e nese sentido resultou ser una proposta amplamente satisfactoria. Segundo Kin Martínez, “Nós non cremos na masificación. O tope son 10.000 persoas por día e non nos imos mover de aí“, asegura, “ a partir de aí se crean problemas para ofrecer ben os servizos, de feito xa hai que mellorar algunhas cousas, temas de baños, sombra no campamento, sinalización... Se masificamos moito non poderiamos dar eses servizos que creo que este ano quedaron ben e que nos permitiron dar esa satisfacción”. “De feito estabamos nunha incertidume da ver ata onde chegábamos, tiñamos unha previsión e por exemplo o sábado fomos bastante por riba dela e estamos contentos e comprometidos na medida en que queremos mellorar todo isto”. Ausencia de colas polo xeneral tanto para o cambio da moeda (os Amaros que son propios do evento) como para as barras ou o showrocking, zonas de descanso máis que agradables á beira do río Umia, un mercado de iniciativas e comercio amigable e a acolledora sombra dos maxestosos carballos parando o sol nunha semana de calor. As vantaxes do lugar eran evidentes e para quen non coñecía a paraxe foi todo un agradable descubrimento.


    Tres días de música que comezaban ás cinco da tarde e remataban a altas horas da madrugada daban para moito. Un día a maiores da pasada edición do festival, neste caso a idea inclúe un terceiro día para conseguir outro efecto. "Para este concepto de festival pasar de dous a tres días é importante", apunta Kin, "nós cremos nos valores que teñen que ver co territorio. Se facemos dous días é un plan de fin de semana, se facemos tres é plantexable que a xente se veña a Galicia, se veña á Rías Baixas a gozar dentro dun plan de vacacións que poida ter", isto implica tamén un nivel de impacto económico aínda non cuantificado pero que se se supón importante nunha área ampla, asegura. Entre os dous escenarios, o principal Estrella de Galicia e o secundario Cultura Quente, foron 32 actuacións musicais. Sons variados desde o pop-rock ao rap, o dub e ás propostas de fusión latinoamericana de ritmos populares e jazz. E estas bandas xúntanse aquí con outros artistas nacionais e do resto de Europa nun enorme cartel que so tivo que lamentar a cancelación do concerto de Enric Montefusco por problemas médicos.


    Préndense os fogóns, comeza o espectáculo
    Na xornada inaugural agardábase con expectación o momento de Iván Ferreiro. O artista, unha das tres figuras relevantes vencelladas ao PortAmérica, con Xoel López e o cociñeiro Pepe Solla, vive en Nigrán, moi cerca de onde ata agora se celebraba o festival e de onde marchou non sen certa polémica aínda que con discreción por parte da empresa Esmerarte. Por iso resultou moi importante que tras comezar a súa actuación coa canción Casa, ahora vivo aquí do seu recente traballo Casa (2016) fose practicamente o encargado de dar a benvida oficial ao festival engadindo: "A partir de agora tamén direi que son veciño de Caldas de Reis". Ferreiro admitía máis adiante entre cancións: "Boto de menos Val Miñor, pero aquí se está moi a gusto. Na carballeira se está máis fresquiño". Foi o día do público máis xuvenil, que ia enchendo tamén a zona de acampada e dando vida ao centro da vila. Xa antes do seu concerto, Ferreiro "aparecera" co seu teclado abrindo a zona dos cociñeiros, o Showrocking: Cociñando na fin do mundo cunha pequena actuación sorpresa que inauguraba tamén os fogóns, outro dos atractivos do PortAmérica que un ano máis sorprendeu e superou expectativas. Trinta chefs -19 deles galegos- con 10 Estrelas Michelin e moitos galardóns de cociña acadados en conxunto, coordinados por Pepe Solla, ofreceron unha selección de receitas preparadas para a ocasión nunha organización por quendas e relevos que se foi cumprindo para achegar unha enorme variedade de sabores e presentacións. Os chefs, en contacto directo co público foron pasando polo seu propio escenario con gran pracer para o público que ía probando as receitas e tamén para eles. O Showrocking, que xa lle ten valido premios anteriormente ao festival é un dos distintivos do PortAmérica que o fan moi especial. Kin Martínez sábeo claramente: "O tema da gastronomía nós no vemos outro festival no mundo, e mira que temos repasado, que teña esa cantidade de xente tan recoñecida e con ese ambiente que alí se crea", di, "Todos os chefs que viñeron nos pediron repetir, que os volvamos a invitar para o ano” di Kin Martínez “e si queremos dar un bo servizo ten que ser con unha limitación".

    A xornada do xoves aínda ofrecería as actuacións de Carlos Sadness, prototipo de artista pop xurdido desde as redes sociais, e xa despois da medianoite saína ao escenario principal a banda británica The Horrors quentando magnificamente o ambiente co seu garaxe post-punk, digno de grandes escenarios e que combinaba dun xeito especial coas siluetas recortadas dos carballos entre os canóns de luz e coas polas verdes que xurdían pechando as esquinas do escenario. Sería xa entrada a madrugada cando Triángulo de Amor Bizarro demostrarían ante o público a validez dos seus premios da música independente española. Para entón xa terían chegado de moitos sitios da península parte do público que gozaba do abono completo e da zona de acampada, dispostos a aproveitar ao máximo a cálida meteoroloxía.

    Só en Madrid se venderon 2.500 entradas, segundo Esmerarte, e tamén viña xente de Valladolid, León, etc. Kin ademais remarcaba a sorpresa por parte da organización de ver que tamén había xente de México e Colombia "que fixeron unha viaxe a Europa e contaron con PortAmérica dentro dos seus plans", di o director do evento. "Este festival con este cartel o fas en Cidade de México e terías cen mil persoas", asegura. PortAmérica segue a manter a súa capacidade de ponte entre culturas portando a Galicia bandas do outro lado do charco que sería moi complicado ver xuntas en calquera outro evento de Europa. Probablemente este sexa un dos poucos escaparates peninsulares, fóra de Madrid, Valencia ou Barcelona, onde se poidan escoitar algunhas das tendencias e propostas do pop-rock do outro lado do Atlántico, grupos que non soan tampouco nos circuítos máis comerciais españois e que demostran canta diversidade hai en Latinoamérica musicalmente máis alá do reggaetón, ou a salsa. Artistas que exploran fusións, que usan o rock e ademais os seus propios ritmos populares. Os brasileiros Zuco 103 ou BNegão & Seletores de Frequência , os mexicanos Porter, Siddharta ou Instituto Mexicano del sonido, a banda peruana de folk-pop psicodélico Kanaku y el Tigre, o grupo arxentino llya Kuryaki & the Valderramas. Xunto a eles outros moitos artistas que tampouco son alleos a ese gusto pola mestura e a irmandade latina."Eu creo que a galeguidade tamén consiste nisto, vista desde a modernidade, en aceptar esas cuartas, quintas ou sextas xeracións de galegos que se foron e conectalos co territorio. Vemos que hai una cercanía que temos que aproveitar”. Podemos atraer aquí, non só público senón tamén inversión e coñecemento", nos asegura Kin.

    O venres, na xornada intermedia e mentres a asistencia ía tamén medrando, cabe destacar entre as actuacións a de Kase.O. O MC de vella escola, un referente nacional do xénero rap tanto pola súa conta como desde a súa formación Violadores del verso, demostrou a súa capacidade de convocatoria enchendo o espazo do escenario principal de público que coñecía e coreaba as súas rimas. 70.000 seguidores en Twitter e más de 250.000 en Facebook demostran a súa potencia referencial para trasladar desde o micro todo tipo de mensaxes sen esquivar polémicas. Javier Ibarra a.k.a. Kase.O fixo da súa actuación unha liturxia propia que os seus seguidores seguían ferventemente. Nun momento o rapeiro lanzou tamén una mensaxe de advertencia aos homes presentes sobre os dereitos das mulleres para que, a diferenza do que ocorre noutros sitios hoxendía nos medios, non houbese problemas durante este festival, e para que primase o respecto. "Poden vestir como queiran, poden bailar como queiran e teñen dereito a non ser acosadas nin xulgadas". A Kase. O pídenlle bises dúas veces e as dúas veces cumpre coa petición sen problema. Outros que cumpren son Novedades Carminha, os de Santiago enchen a pesares do avanzado da hora, 3 da maña, e fan de novo un concerto levantando e movendo a todo o público coma se non levase xa alí todo o día.

    Xornada final e despedida
    O programa do sábado, tal vez o máis compacto, foi o que conseguiu congregar un maior número de asistentes na carballeira de Caldas de Reis. Cunha composición da asistencia diferente ca dos días anteriores. A media de idade, aumentaba un par de puntos o sábado no recinto e talvez moitos se achegaron sábado porque funcionou o boca-orella sobre os dous días anteriores e foi elixido por miles de persoas como opción de ocio para a tarde-noite, mesmo como complemento a una mañá de praia, cun sol sufocante, a posibilidade da fresca sombra dos carballos se apuntaba moi desexable. No referido ás actuacións os mexicanos Siddhartha deron un recital que sorprendeu a moitos pola súa calidade ao ser grupos pouco coñecidos no país e que funcionou dentro desa filosofía de apertura ás músicas latinoamericans actuais. A actuación de Depedro foi un exemplo perfecto do que é o espírito musical de PortAmérica. O de Aluche fixo toda una mostra de fusión con ritmos e son latinoamericanos nunha constante sensación de conexión cultural.

    O escenario Cultura Quente, o secundario do festival, quedábaselle pequeño a Quique González, que acompañado de Los detectives amosou una enorme capacidade de convocatoria e entusiasmo xerado. Eran moitas a as persoas que se achegaban á carballeira atraídas nesta xornada polo madrileño. O aforo para este escenario quedouse claramente pequeño, malia que polas características do terreo iso tampouco supuxo ningún problema máis alo de deixar á xente moi cerca da área de influencia do escenario principal. Leiva mantivo a atención, xa no escenario principal . Aínda que os concertos seguían ata latas horas da madrugada o peche emocional o puxo probablemente a agardada actuación de Xoel López. Ataviado de americana granate o coruñés compartiu co público o recordo de ter estreado en directo as cancións do primeiro disco do seu proxecto inicial, Deluxe, no Cultura Quente hai 16 anos cando comezou a súa relación co seu actual mánager e director do PortAmérica , Kin Martínez ao que dedicou a canción I’ll seee you in London daquel álbum Not what you had though (2001).

    Ao final ninguén lembraba con nostalxia o Val Miñor e na carballeira ás árbores nunca impediron ver o bosque, deixando claro que o PortAmérica é una idea que vai máis alá do musical para ser un proxecto cheo de transversalidades. Hoxe a organización saca á venda, a un prezo especial os abonos para esa edición 2018 facendo asequible a entrada á xente máis nova e con poder adquisitivo menor. Esta confirmación do lugar e as datas a un ano vista é tamén una novidade para a organización e resulta fundamental porque segundo apunta Kin, en referencia as edicións pasadas en Nigran, "non o puidemos facer nunca con este proxecto en ocasións anteriores. Con PortAmérica ata febreiro non podiamos confirmar que había festival, cousa que nos complicaba moito a vida a nivel da programación e da planificación". Co río Umia pasando ao lado lembramos o dito de que un nunca se baña no mesmo río dúas veces e pensamos xa en cómo será o PortAmérica que empeza hoxe e se nos presentará nun ano.

    PORTAMÉRICA
    Música Espectáculos
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    O XIX Festival de Títeres de Redondela reunirá 26 compañías

    O XIX Festival de Títeres de Redondela reunirá 26 compañías

    • 2018-04-25 11:14:28
    Celébrase entre o 14 e o 20 de maio cunha nutrida programación de actividades de rúa
    Pilar Bermejo é a quinta muller que ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

    Pilar Bermejo é a quinta muller que ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

    • 2018-04-25 11:03:45
    A investigadora é catedrática de Química Analítica na Universidade de Santiago de Compostela
    Mercedes Peón presenta o seu novo disco 'Deixaas'

    Mercedes Peón presenta o seu novo disco 'Deixaas'

    • 2018-04-24 14:03:02
    Propón música tradicional, electrónica e sons industriais neste vangardista quinto traballo
    A Catedral de Santiago crea un novo espazo expositivo sobre o Mestre Mateo

    A Catedral de Santiago crea un novo espazo expositivo sobre o Mestre Mateo

    • 2018-04-24 11:40:27
    Esta mostra permanente acolle pezas recuperadas nas escavacións de 2016

    Serie: Festivais de Música

    O Son do Camiño esgota 20.000 abonos en dúas horas. O Son do Camiño esgota 20.000 abonos en dúas horas

    O Son do Camiño esgota 20.000 abonos en dúas horas

    • 2018-03-01 13:29:12

    As vendas virtuais para o festival desbordáronse mentres os prezos ían crecendo

    O patrocinio de O Son do Camiño levanta protestas. O patrocinio de O Son do Camiño levanta protestas

    O patrocinio de O Son do Camiño levanta protestas

    • 2018-02-27 18:30:31

    A asociación de empresas musicais e os partidos da oposición reclaman máis transparencia

    Seis festivais galegos son finalistas nos Iberian Festival Awards. Seis festivais galegos son finalistas nos Iberian Festival Awards

    Seis festivais galegos son finalistas nos Iberian Festival Awards

    • 2018-02-20 13:14:42

    O XIIº Resurrection Fest de Viveiro acada oito candidaturas

    Portamérica e Resurrection Fest moven os carteis con importantes novidades. Portamérica e Resurrection Fest moven os carteis con importantes novidades

    Portamérica e Resurrection Fest moven os carteis con importantes novidades

    • 2017-12-15 13:29:24

    Once festivais de Galicia optan a galardóns peninsulares nos Iberian Festival Awards

    Festival Noroeste: o fénix que medra. Festival Noroeste: o fénix que medra

    Festival Noroeste: o fénix que medra

    • 2017-08-08 14:03:24

    Comeza hoxe reforzada unha das citas musicais estivais máis importantes e lonxevas que pasou por polémicos e difíciles momentos

    Preséntase o cartel da Festa Cidade Europea do Viño en Cambados. Preséntase o cartel da Festa Cidade Europea do Viño en Cambados

    Preséntase o cartel da Festa Cidade Europea do Viño en Cambados

    • 2017-08-07 11:35:08

    Será a derradeira cita dos Rías Baixas Fests

    O SonRías Baixas ofrecerá música, gastronomía e audiovisual. O SonRías Baixas ofrecerá música, gastronomía e audiovisual

    O SonRías Baixas ofrecerá música, gastronomía e audiovisual

    • 2017-07-26 14:44:29

    O festival quenta motores para abrir en Bueu a súa edición máis amibiciosa

    PortAmérica arrímase a boa árbore. PortAmérica arrímase a boa árbore

    PortAmérica arrímase a boa árbore

    • 2017-07-18 17:21:33

    Co festival aínda en quente repasamos a que foi a sexta edición do proxecto, a primeira na carballeira de Caldas de Reis

    Cartel pechado para os festivais V de Valarés e Armadiña Rock. Cartel pechado para os festivais V de Valarés e Armadiña Rock

    Cartel pechado para os festivais V de Valarés e Armadiña Rock

    • 2017-07-17 14:31:03

    O Festival do Paradiso de Monforte tamén confirma as súas actuacións

    O Revenidas de Vilaxoán ofrece 26 propostas musicais. O Revenidas de Vilaxoán ofrece 26 propostas musicais

    O Revenidas de Vilaxoán ofrece 26 propostas musicais

    • 2017-07-12 13:18:37

    O festival arousán presenta cartel completo e programación por días

    Éxito e espectacularidade no Resurrection Fest . Éxito e espectacularidade no Resurrection Fest

    Éxito e espectacularidade no Resurrection Fest

    • 2017-07-11 13:57:17

    A cita máis rockeira do verán pecha con éxito e co reto de seguir medrando no 2018

    Xinzo recupera o Festival FAX. Xinzo recupera o Festival FAX

    Xinzo recupera o Festival FAX

    • 2017-07-10 12:51:13

    Pecha cartel o Vive Nigrán

    A promesa da Illa. A promesa da Illa

    A promesa da Illa

    • 2017-07-04 12:01:02

    O Atlantic Fest abre o verán dos grandes festivais dobrando a asistencia da primeira edición

    Quique González pecha o cartel do 6º PortAmérica. Quique González pecha o cartel do 6º PortAmérica

    Quique González pecha o cartel do 6º PortAmérica

    • 2017-06-28 11:56:22

    O Showrocking contará con 30 chefs que suman 10 Estrelas Michelín

    Novas incorporacións e peches de cartel en festivais de música. Novas incorporacións e peches de cartel en festivais de música

    Novas incorporacións e peches de cartel en festivais de música

    • 2017-06-16 13:49:27

    The Jesus and Mary Chain no Noroeste e BFlecha no WOS son algunhas das novidades

    Ribeira Sacra e Ribeiro xuntan música e viño. Ribeira Sacra e Ribeiro xuntan música e viño

    Ribeira Sacra e Ribeiro xuntan música e viño

    • 2017-06-05 13:52:23

    Senllos festivais impulsan a promoción enolóxica con concertos

    O festival Fa Ce La Fest de Lugo comeza esta semana a segunda edición. O festival Fa Ce La Fest de Lugo comeza esta semana a segunda edición

    O festival Fa Ce La Fest de Lugo comeza esta semana a segunda edición

    • 2017-05-16 13:28:53

    O Círculo da Artes súmase aos espazos deste evento de música alternativa

    O festival Noroeste Estrella Galicia da Coruña non para de crecer. O festival Noroeste Estrella Galicia da Coruña non para de crecer

    O festival Noroeste Estrella Galicia da Coruña non para de crecer

    • 2017-05-15 14:56:47

    A edición deste ano aumenta o número de artistas, de espazos e de horarios

    Resurrection Fest podería deixar Viveiro ante a especulación co aloxamento. Resurrection Fest podería deixar Viveiro ante a especulación co aloxamento

    Resurrection Fest podería deixar Viveiro ante a especulación co aloxamento

    • 2017-03-23 13:37:17

    A organización do festival de rock fai un chamamento á moderación de prezos para manter alí o evento no futuro

    No Lérez tamén se fai surf en inverno. No Lérez tamén se fai surf en inverno

    No Lérez tamén se fai surf en inverno

    • 2016-11-17 14:05:07

    O festival Surfing The Lérez comeza este venres a súa edición invernal

    O V Festival de Jazz&Blues de Ribadeo presenta o cartel. O V Festival de Jazz&Blues de Ribadeo presenta o cartel

    O V Festival de Jazz&Blues de Ribadeo presenta o cartel

    • 2016-11-16 14:31:43

    O evento pasouse a decembro e aínda busca axudas de financiamento populares

    O Resurrection gaña o premio ao Mellor Festival de Gran Formato do Estado. O Resurrection gaña o premio ao Mellor Festival de Gran Formato do Estado

    O Resurrection gaña o premio ao Mellor Festival de Gran Formato do Estado

    • 2016-10-27 13:58:23

    Os premios Fest fan pública a súa listaxe de gañadores

    Luces e sombras no reflexo  da burbulla. Luces e sombras no reflexo  da burbulla

    Luces e sombras no reflexo da burbulla

    • 2016-10-03 13:44:20

    A importancia que acadan os festivais musicais suscita reflexións sobre as súas dificultades presentes e futuras

    Dezanove festivais de Galicia optan aos Premios Fest
. Dezanove festivais de Galicia optan aos Premios Fest

    Dezanove festivais de Galicia optan aos Premios Fest

    • 2016-09-28 14:30:04

    Xoel, Novedades Carminha e TAB optan tamén ao mellor directo

    Compostela acollerá a primeira edición do Festival do Leite. Compostela acollerá a primeira edición do Festival do Leite

    Compostela acollerá a primeira edición do Festival do Leite

    • 2016-08-26 10:13:30

    Dez grupos actuarán de balde o vindeiro 17 de setembro

    O XIV Festival SonRías Baixas acadou a súa máxima cifra histórica de asistentes. O XIV Festival SonRías Baixas acadou a súa máxima cifra histórica de asistentes

    O XIV Festival SonRías Baixas acadou a súa máxima cifra histórica de asistentes

    • 2016-08-09 10:54:30

    A organización estima un impacto económico na comarca por riba do millón de euros

    Sesenta actuacións de rúa no <i>Feito a man</i> de Compostela en agosto. Sesenta actuacións de rúa no <i>Feito a man</i> de Compostela en agosto

    Sesenta actuacións de rúa no Feito a man de Compostela en agosto

    • 2016-07-28 00:00:00

    O ciclo chega á súa décima terceira edición nos veráns da capital

    Resurrection en Viveiro: Moito gasto e pouco lío. Resurrection en Viveiro: Moito gasto e pouco lío

    Resurrection en Viveiro: Moito gasto e pouco lío

    • 2016-07-18 12:58:55

    A cita metaleira deixa un importante desembolso económico na zona demostrando a súa profesionalidade

    Fogóns prendidos para a quinta edición do PortAmérica. Fogóns prendidos para a quinta edición do PortAmérica

    Fogóns prendidos para a quinta edición do PortAmérica

    • 2016-06-23 00:00:00

    Co peche da proposta gastronómica o festival de Nigrán presenta o programa completo

    O Festival Revenidas avanza a súa programación. O Festival Revenidas avanza a súa programación

    O Festival Revenidas avanza a súa programación

    • 2016-06-01 09:49:35

    Celebrarase en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) entre o 19 e o 21 de agosto

    Millo Verde celebra dez anos de festival. Millo Verde celebra dez anos de festival

    Millo Verde celebra dez anos de festival

    • 2016-05-25 10:56:14

    O Atlantic Fest da Illa de Arousa contará con Tindersticks, Xoel López ou Nacho Vegas

    O Cultura Quente colle forzas na súa nova xeira. O Cultura Quente colle forzas na súa nova xeira

    O Cultura Quente colle forzas na súa nova xeira

    • 2016-04-26 09:50:02

    O Derrame Rock abandona Ourense por Xixón

    Vilalba celebra o FIV os vindeiros 29 e 30 de abril. Vilalba celebra o FIV os vindeiros 29 e 30 de abril

    Vilalba celebra o FIV os vindeiros 29 e 30 de abril

    • 2016-04-05 10:58:41

    SonRías Baixas e Portamérica fechan os seus carteis para o verán

    O SonRías Baixas comeza a adiantar o seu vindeiro cartel. O SonRías Baixas comeza a adiantar o seu vindeiro cartel

    O SonRías Baixas comeza a adiantar o seu vindeiro cartel

    • 2016-02-15 12:50:23

    O Festival Sinsal celebrarase entre o 23 e o 26 de xullo

    A Candeloria e Primos Hermanos abren a temporada de festivais. A Candeloria e Primos Hermanos abren a temporada de festivais

    A Candeloria e Primos Hermanos abren a temporada de festivais

    • 2016-01-21 14:48:07

    Lugo e Compostela acollen estes eventos na fin de semana do 20 de febreiro

    O Festival Metamovida volve a Compostela. O Festival Metamovida volve a Compostela

    O Festival Metamovida volve a Compostela

    • 2016-01-13 09:47:30

    Celebra a súa terceira edición do 15 de xaneiro na Sala Capitol

    A incorporación de Iron Maiden marca o vindeiro Resurrection Fest. A incorporación de Iron Maiden marca o vindeiro Resurrection Fest

    A incorporación de Iron Maiden marca o vindeiro Resurrection Fest

    • 2015-12-10 11:58:45

    A banda británica comparte cartel con preto de 80 grupos

    Hoxe na nosa edición

Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada