culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada
  • roteiros

    Santiago acollerá en novembro o II Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe
    Compostela Ilustrada contará con artistas como Munehiro Ikeda, Alfredo, Jorge Arranz, Fernanda Lamelas ou Isabell Seidell

    • 19 / 10 / 2017
    • Santiago. Redacción
    • artebanda deseñada
    Compartir:


    A "ampliar o foco e contar con artistas máis especializados no debuxo urbano" Miguelanxo Prado presentaba onte en Compostela o II Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe que dirixe. Compostela Ilustrada celebrarase na capital galega entre o 9 e o 12 de novembro vindeiros a integrar no seu programa obradoiros, exposicións, presentacións e clases maxistrais. Entre os convidados destacan autores de renome internacional como Munehiro Ikeda, que protagoniza unha exposición sobre o caderno de 400 páxinas que realizou durante a súa peregrinación a Santiago nos anos 80. O recente Premio Nacional de Ilustración, Alfredo será outro autor homenaxeado cunha exposición monográfica. Xunto a eles Jorge Arranz, Fernanda Lamelas, Isabell Seidell, Joaquín González Dorao ou Mr. Zê son algúns dos autores que participarán neste encontro.

    Programa de Compostela Ilustrada

    No marco desta iniciativa celebraranse presentacións como a da Guía Ilustrada das Igrexas de Santiago de Compostela de Xaquín González Dorao ou o Camiña/Camiño. De Porto a Santiago de Fernanda Lamelas, Teresa Ruivo, Isabell Seidell e Blanca Escrigas. As actividades abertas ao público, como os obradoiros sobre como facer cadernos de viaxes ou o de Caligraffiti teñen aínda prazas dispoñibles para os interesados.

    Presentación do II Compostela Ilustrada no web do Concello de Santiago Facebook de Compostela Ilustrada
    arte banda deseñada
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    • 2019-12-05 18:24:28
    A Acadèmia del Cinema Català tamén dá opción de galardóns a 'Quien a hierro mata' e 'Elisa e Marcela'
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    • 2019-12-05 13:22:44
    Era un referente local a nivel artístico e comezou a expoñer nos anos setenta

    Hoxe na nosa edición

Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada