culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada

    Comeza en O Porriño o IIIº Ciclo de cine 'Cans todo o ano'
    O Festival de Cans, a Sala Ingrávida e o Cineclube Rebobina promoven esta programación durante seis meses

    • 20 / 10 / 2017
    • Santiago. Redacción
    • audiovisual
    Compartir:


    Imaxe do cartel de Cans deste ano
    Imaxe do cartel de Cans deste ano
    Este domingo 22 de Outubro arranca na Sala Ingrávida de O Porriño o ciclo de cine “Cans todo o ano”, impulsado conxuntamente polo Festival de Cans e o CineClube Rebobina e esta sala. É a terceira edición deste ciclo de cinema que ten como obxectivo darlle maior visibilidade a filmes que contaron con poucas oportunidades de exhibición e promover unha programación estable de cinema máis alá das propias datas do festival. Todas as películas que se proxectarán teñen algún tipo de vínculo co Festival de Cans, a través de directoras e directores, produtores ou intérpretes. O ciclo desenvolverase ao longo de seis meses desde este mes de outubro ao mes de marzo, a razón dunha proxección cada mes, onde se contará coa presenza de directoras e directores das obras para que poidan estar en contacto directo co público.

    Ás 19 horas dará comezo o ciclo coa proxección do documental musical Guitarra de palo, dirixido pola viguesa Andrea Zapata-Girau, directora tamén de Aava, a curtametraxe que levou o Premio do Xurado e o premio á mellor realización en Cans, e que se proxectará antes do documental. Guitarra de Palo é un documental sen diálogos, onde varios músicos son os protagonistas dunha singular conversa musical. Desde o guitarrista de flamenco Antón Jiménez ao jazzista e finalista dos Grammy Jerry González, pasando polo guitarrista Raimundo Amador, o frautista Jorge Pardo ou o contrabaixista Javier Colina. A seguinte cita será o domingo 12 de novembro, onde con motivo do 15 aniversario da catástrofe do Prestige, se recuperará o emotivo documental Mar de Fondo, dirixido por Daniel Guzmán, coñecido actor e triunfador nos Goya co filme A Cambio de nada. Este documental de Guzmán só foi proxectado por agora no último Festival de Cans. É un documental rodado nos mesmos días da traxedia, que estivo case 15 anos nun caixón ata que veu a luz en Cans. O documental conta con testemuñas como os escritores Suso de Toro e Manuel Rivas, o músico Julián Hernández ou o showman Gran Wyoming.

    A última cita do ano programada será o domingo 10 de decembro, coa proxección do traballo colaborativo Hoxe non é un soño, un traballo rodado por dez veciñas e veciños de Cans, baixo a coordinación do realizador Juanma Lodo. O filme, nacido a partir do traballo escolar do xoven Raúl Rodríguez, narra a emotiva vida de José Quintas Sánchez, veciño de Cans que se ve una obriga de emigrar de neno a Venezuela. As entradas para todos os filmes están xa a venda a 4,50 euros e poden adquirirse por venda anticipada na plataforma online ww.ticketea.com, no teléfono 986331622 ou na propia sala

    audiovisual
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    Novidades en Portamérica e SonRías Baixas

    Novidades en Portamérica e SonRías Baixas

    • 2018-04-20 14:06:26
    Os festivais FaCeLa fest e Ribeiro Son do Viño pechan carteis
    Comeza a nova etapa do MARCO coa exposición 'Xulio Verne. Os límites da imaxinación'

    Comeza a nova etapa do MARCO coa exposición 'Xulio Verne. Os límites da imaxinación'

    • 2018-04-20 12:10:02
    A mostra da Fundación telefónica incluirá pezas cedidas por museos e coleccións galegas
    Cinco empresas crean a Asociación Galega de Videoxogos

    Cinco empresas crean a Asociación Galega de Videoxogos

    • 2018-04-20 10:32:23
    Pretende representar os intereses profesionais do sector
    Redondela en Curto achega 30 filmes na súa 14 edición

    Redondela en Curto achega 30 filmes na súa 14 edición

    • 2018-04-20 10:19:03
    O evento presentaba onte o seu programa, que se desenvolverá entre o 26 e o 30 de abril

    Hoxe na nosa edición

Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada