culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada
  • roteiros

    As universidades ofertarán catorce títulos novos e retirarán oito
    O novo mapa de titulacións deséñase con criterios de empregabilidade e en función da demanda

    • 31 / 10 / 2017
    • Santiago. Redacción
    • EducaciónCienciaLinguaSociedade
    Compartir:


    O mapa de Titulacións do Sistema Universitario de Galicia (SUG) terá grandes cambios para o período 2017-2021, segundo a presentación feita onte polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; e os reitores das universidades de Santiago de Compostela (USC), Juan Viaño; de Vigo (UVigo), Salustiano Mato; e de Coruña (UDC), Julio Abalde. Os responsables do SUG presentaron unha folla de ruta acordada que, entre as principais medidas que contempla, está a introdución de 14 novos graos adaptados á especialización dos campus e a perfís de futuro con alta empregabilidade. Esta é a primeira vez que unha comunidade autónoma presenta unha planificación a medio prazo da oferta académica superior coordinada entre Administración e universidades.

    A entrada de novos títulos súmase a declaración de títulos singulares, o impulso aos graos interuniversitarios e dobres graos, a retirada gradual da oferta de graos con moi baixa demanda, e a redefinición dos títulos duplicados ou multiplicados. A primeira das medidas contempladas na mellora da oferta de titulacións ata 2021 é a introdución de 14 novos graos, que poderán ser ex-novo (isto é, de temáticas novas, abertas e de futuro) ou ben substituír a títulos que se retiran da oferta por moi baixa demanda. A oferta dun novo grao deberá implicar a retirada doutro no centro afectado, ou ben a redución da oferta de prazas autorizadas en número equivalente á ofertada no novo título. As memorias de verificación dos novos graos deberán xustificar a demanda baseada en evidencias, os perfís profesionais a cubrir e as competencias a desenvolver, e a relación coa contorna social. Ademais, participarán axentes externos na concepción e desenvolvemento do título e terán prácticas garantidas para o alumando. Tamén deben incluír unha ampla xustificación socio-económica da necesidade do título e o enlace entre competencias específicas do título e as materias que contén. Tal e como destacou Román Rodríguez, “os novos títulos significan que a Universidade quere responder ás necesidades dos nosos sectores produtivos e que quere abrir liñas de investigación en ámbitos punteiros a nivel mundial”.

    Novos graos
    Por universidade, a USC ofertará o grao en Biotecnoloxía (campus de Santiago), o grao en Criminoloxía (Santiago), o grao en Paisaxe (interuniversitario entre a UDC e a USC; no campus de Lugo), o grao en Xestión do Patrimonio e Industrias Culturais (campus de Lugo), o grao en Emprendemento (campus de Lugo), o grao en Robótica Agroforestal (campus de Lugo) e o grao en Bioquímica Agroforestal (campus de Lugo).

    No caso da UDC, introdúcense os seguintes novos títulos: grao en Paisaxe (UDC-USC; no campus da Coruña), grao en Xestión Industrial da Moda (campus de Ferrol), grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos (campus da Coruña), grao en Xestión da Información e da Documentación Dixital (campus de Ferrol), grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos (Coruña), e grao Dual en Enxeñaría Eléctrica (Ferrol).

    No caso da UVigo, entran como novos o grao en Enxeñaría Biomédica no campus de Vigo, e o grao en Deseño e Creación, no campus de Pontevedra.

    Títulos retirados da oferta
    Por outro lado, na actualidade hai unha serie de graos que, sen cumprir cos requisitos de titulacións singulares, presentan de maneira reiterada unha moi baixa demanda estudantil. Na maioría dos casos, no curso no que se retira a oferta do 1º curso do título comeza a impartirse un novo cun perfil máis axeitado.

    A súa retirada da oferta farase de xeito ordenado e programado. Os que se atopan nesta situación son, na USC, os graos en Enxeñaría en Xeomática e Topografía, en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, en Xestión de PEMES, e en Lingua e Literatura Españolas (grupo Lugo). No caso da UDC, retíranse da oferta os graos en Humanidades, en Información e Documentación, en Enxeñaría Eléctrica e en Ciencias Empresariais (este último, con demanda, pero retírase por organización interna da Universidade). Na Universidade de Vigo non se retira ningún grao.


    Títulos singulares
    No mapa tamén se declaran singulares aqueles títulos que, pese a non ter moita demanda nos últimos anos, considéranse necesarios para contar cunha oferta completa, integrada e coherente; en definitiva, esenciais e indispensables para o sistema.

    En concreto, logo do correspondente estudo e valoración, decidíronse declarar oito títulos singulares, que son, os graos en Filoloxía Clásica, en Lingua e Literatura Galegas, en Xeografía e Ordenación do Territorio da USC; os graos en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil, en Enxeñaría Naval e Oceánica, en Arquitectura Técnica e o grao en Galego e Portugués por parte da Universidade da Coruña. No caso da UVigo declárase singular o grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos.

    Educación Ciencia Lingua Sociedade
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

    • 2019-12-05 18:24:28
    A Acadèmia del Cinema Català tamén dá opción de galardóns a 'Quien a hierro mata' e 'Elisa e Marcela'
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    A Banda da Loba presenta o seu segundo disco 'Fábrica de Luz'

    • 2019-12-05 14:26:41
    O álbum fai unha homenaxe a nais reais e conceptuais e unha chiscadela á música dos 80
    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    Morre aos 66 anos o pintor marinense Xaquín Soneira Patiño

    • 2019-12-05 13:22:44
    Era un referente local a nivel artístico e comezou a expoñer nos anos setenta

    Hoxe na nosa edición

Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada