- 8 / 11 / 2017
- Santiago. Redacción
- música
- 2018-04-26 14:12:46
- 2018-04-26 13:14:36
- 2018-04-26 12:02:28
- 2018-04-26 10:53:52
- 2018-04-26 13:14:36
- 2018-04-26 12:14:30
- 2018-04-26 12:02:28
- 2018-04-26 10:53:52
- 2018-04-26 10:19:06
Elba Fernández reencárnase en Mordem e presenta Fragments to Dominate the Silence
A cantante achégase á electrónica na súa nova etapa

Logo de comezar a súa carreira musical como Jane Joyd, Elba Fernández muda de alias e de rexistro para o seu novo proxecto. Mordem é o nome escolleito para esta andaina, na que debuta con Fragments to Dominate the Silence. Editado por The Winter Hunters e gravado nos Estudios Reno, o novo álbum achega dez temas nos que se cruzan influencias de trip hop, R&B, ambient ou pop. Abandonadas as reminiscencias folk do seu anterior proxecto, a cantante propón un disco que sinala como o máis introspectivo dos que ten realizado ata o momento, e para o que conta coas colaboracións de Xavi Font ao piano e de Manuel Cabezalà á guitarra. O proxecto sae á luz en formato dixital, LP e CD, cunha edición limitada de 350 exemplares rotulada pola propia autora. A sede de Afundación na Coruña acolleu o concerto de presentación o pasado 4 de novembro.

Na nosa edición:
A homenaxe a MarÃa Victoria Moreno pon sobre a mesa aspectos pendentes de recoñecer na cultura galega
A obra de carácter autobiográfico presenta as dúas primeiras décadas da vida do escritor
O evento celebra a súa décima cuarta edición ampliando a duración
Xiomara Correa publica Mi novio caballo con Reservoir Books