culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada

    Un ensaio sobre o fotógrafo Ramon Caamaño gaña o Premio Manuel Murguía
    Raúl Soutelo recibe este premio por segunda vez asinando o traballo con José Manuel Vázquez Lijó

    • 30 / 11 / 2017
    • Santiago. Redacción
    • ArteHistoriaPolíticas Culturais
    Compartir:


    Os investigadores Raúl Soutelo Vázquez e José Manuel Vázquez Lijó son os gañadores do XI Premio de Ensaio Manuel Murguía da Deputación da Coruña coa súa obra O Son que coñeceu Ramón Caamaño, presentada ao certame co lema "Porto Nodelas". Ramón Caamaño (Muxía, 1908 - 2007) fíxose moi coñecido como fotógrafo xa que coa súa cámara retratou as feiras da Costa da Morte e outras zonas ademais de tirar numerosos retratos para os familiares que vivían na emigración. Caamaño tamén introduciu o cine en moitas vilas, realizando funcións itinerantes polas noites. O xurado estimou deste traballo que combina ensaio e reportaxe fotográfica sobre o paso a "contribución social á historia da fotografía galega e da modernidade" ao combinar "fontes orais e arquivísticas, facendo unha descrición con mestría e amenidade, que parte do local para dirixirse a un público xeral. Desta maneira mesmo coas raíces do traballo no concello de Porto do Son, o ensaio acada unha dimensión moito máis abranxente e vincúlase ao conxunto do país". O Premio Manuel Murguía de Ensaio, promovido polo Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes da Deputación da Coruña, está dotado cun galardón de 6.500 euros e a edición da obra gañadora.

    Raúl Soutelo é doutor en Historia pola Universidade de Vigo, profesor de ensino secundario e de didáctica das Ciencias Sociais na Universidade de Santiago de Compostela. Especializado en historia social contemporánea. Gañou xa con anterioridade o premio Manuel Murguía da Deputación da Coruña coa monografía titulada As cartas do destino. Unha familia galega entre dous mundos, 1919-1971 (en coautoría co profesor Núñez Seixas) en 2004. Pola súa parte, José Manuel Vázquez Lijó é doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2005), cunha tese que mereceu da Deputación de Pontevedra o premio á mellor tese en Humanidades e Ciencias Sociais. Ademais é profesor asociado da área de Historia Moderna da Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña dende 2007 ata a actualidade, unha praza que compatibiliza coa de técnico de xestión do Museo marea do Porto do Son. ç

    Ademais da obra gañadora, o xurado decidiu destacar como finalista o traballo de Ana Naseiro Ramudo, titulado Revisión da Historia da Coruña. A fábrica de tabacos e a fábrica de mistos. Nesta undécima edición do certame, presentáronse un total de 16 traballos, sendo a segunda con maior número de participantes, só por detrás da celebrada no ano 2013, á que concorreron un total de 24 propostas.

    Arte Historia Políticas Culturais
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    Un novo Caldo de Gloria e unha Alborada chaman a celebrar o Día de Rosalía

    Un novo Caldo de Gloria e unha Alborada chaman a celebrar o Día de Rosalía

    • 2019-02-18 13:58:21
    A fundación da poeta e a Asociación de Escritoras convocan conmemoracións para o 24 de febreiro
    A actriz Mela Casal leva o Premio de Honra Fernando Rey

    A actriz Mela Casal leva o Premio de Honra Fernando Rey

    • 2019-02-18 13:09:03
    A Academia Galega do Audiovisual recoñece os seus trinta anos de traballos en cine e televisión
    Chega o álbum máis 'Ultralixeiro' de Novedades Carminha

    Chega o álbum máis 'Ultralixeiro' de Novedades Carminha

    • 2019-02-18 12:07:29
    No seu quinto disco a banda consolídase na liña do pop festeiro e bailable
    Unha gran Burla Negra: Ollar os tempos do Prestige

    Unha gran Burla Negra: Ollar os tempos do Prestige

    • 2019-02-18 11:42:38
    Un proxecto colectivo chama a recuperar a memoria das protestas arredor da última marea negra

    Hoxe na nosa edición

    Un novo Caldo de Gloria e unha Alborada chaman a celebrar o Día de Rosalía

    Un novo Caldo de Gloria e unha Alborada chaman a celebrar o Día de Rosalía

    • 2019-02-18 13:58:21
    A actriz Mela Casal leva o Premio de Honra Fernando Rey

    A actriz Mela Casal leva o Premio de Honra Fernando Rey

    • 2019-02-18 13:09:03
    Chega o álbum máis 'Ultralixeiro' de Novedades Carminha

    Chega o álbum máis 'Ultralixeiro' de Novedades Carminha

    • 2019-02-18 12:07:29
    Quince concellos botan a andar a Asociación de Entidades Locais pola Lingua

    Quince concellos botan a andar a Asociación de Entidades Locais pola Lingua

    • 2019-02-18 10:37:12
Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada