culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada

    Lobios, Paderne e Vilardevós recuperan as súas máscaras de Entroido
    Follateiros, Vixigueiros e Chocalleiros percorrerán as rúas

    • 30 / 1 / 2018
    • Santiago. Redacción
    • patrimonio
    Compartir:


    Continúa o proceso de recuperación e reinterpretación de máscaras tradicionais de Entroido. Neste ano, chegan novas de Lobios, onde parte da veciñanza recreou a partir da memoria das xente maior os Follateiros. Estas máscaras, elaboradas con follas de millo e carozos, non existían como personaxes no lugar e recrean o costume de mesturar roupa e follato para se disfrazar nestas datas. Tamén as follas do millo están na base dalgunhas das máscaras dos Vixigueiros de Samede, que saen de novo este ano á rúa desta localidade de Paderne. Con diferentes feituras, estes personaxes son antagonistas dos Bonitos e Bonitas, contan con cornos e portan vixigas coas que baten en quen non vai disfrazado. Ao longo destes mes diferentes obradoiros ensinaron técnicas para construír estas máscaras.

    Pola súa banda, Vilardevós verá por cuarto ano consecutivo a saída dos Chocalleiros. O vindeiro día dez será a primeira saída destes personaxes coronados cunha mitra e armados cun pau cun saco. A Asociación Cultural Os Chocalleiros é responsable do renacer desta máscara.

    La Región recolle a recuperación do follateiros de Lobios Web do Entroido de Samede Os chocalleiros de Vilardevós en La Voz de Galicia
    patrimonio
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    Atopan un valioso colgante de arnés medieval en Ponte Caldelas

    Atopan un valioso colgante de arnés medieval en Ponte Caldelas

    • 2019-02-20 13:35:02
    Foi entregada pola veciña que o localizou
    Manuel Gallego Jorreto recibe o Premio Nacional de Arquitectura

    Manuel Gallego Jorreto recibe o Premio Nacional de Arquitectura

    • 2019-02-20 11:11:10
    Xa obtivera o galardón en 1997 polo seu proxecto para o Museo de Belas Artes da Coruña
    Cultura anuncia unha nova liña de axudas para que autores literarios acudan a feiras

    Cultura anuncia unha nova liña de axudas para que autores literarios acudan a feiras

    • 2019-02-20 11:05:53
    Escritores, ilustradores e tradutores serán quen se beneficie destas subvencións
    O Día da Ciencia en Galicia homenaxeará o químico Tomás Batuecas

    O Día da Ciencia en Galicia homenaxeará o químico Tomás Batuecas

    • 2019-02-20 10:40:27
    O seu traballo permitiu establecer con exactitude o peso atómico de diferentes elementos

    Hoxe na nosa edición

Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada