culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada

    Quiosco: Cadernos de Fraseoloxía Galega, número 18
    O caderno está dispoñible na rede

    • 9 / 2 / 2018
    • Santiago. Redacción
    • linguaquiosco
    Compartir:


    O Centro de Investigación en Humanidades Ramón Piñeiro deixa de se editar en papel os Cadernos de Fraseoloxía Galega para facelo unicamente como recurso electrónico. Acaba de publicar o volume 18, no que se poden ler "un traballo sobre o kíkôngò (un idioma africano), da autoría de Dolors Català e Inocente Luntadila; outro sobre a viticultura no refraneiro galego, da man de Xesús Ferro Ruibal; un máis sobre os cinco refráns cataláns máis votados, feito por Joan Fontana i Tous; sobre unidades fraseolóxicas do portugués que teñen o bacallau como compoñente, de Ana Belén García Benito; e outro sobre fraseoloxismos da lingua alemá con compoñentes únicas, de Marek Laskowski", entre outros contidos. O volume é accesible en liña na ligazón inferior.


    O volume conta ademais con cadansúa recensión de obras de Maria Conca e Josep Guia, Germán Conde Tarrío, Inmaculada Penadés, Mª Carmen Losada Aldrey, Alba Cid Fernández e Xurxo Fernández Carballido; así como de novas coas publicacións e congresos celebrados no ano 2016, 194 en total. Como novidade, ofrece a relación de teses e traballos de fin de grao e mestrado realizados arredor da fraseoloxía, testemuño de que que esta disciplina lingüística é cada vez máis importante nos estudos universitarios. Pecha o volume un balance que referencia a nómina dos 187 investigadores de 24 países que levan participando nos Cadernos de Fraseoloxía Galega desde o seu inicio.

    Accede á publicación
    lingua quiosco
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    As institucións do país únense arredor da figura de Antonio Fraguas

    As institucións do país únense arredor da figura de Antonio Fraguas

    • 2019-02-22 14:48:37
    Presentado o programa inicial de actividades, exposicións e publicacións de apoio ao Día das Letras Galegas
    Quico Cadaval leva a escena 'Carpe Diem' de Rubem Fonseca

    Quico Cadaval leva a escena 'Carpe Diem' de Rubem Fonseca

    • 2019-02-22 12:28:46
    A compañía Excéntricas estrea a obra o vindeiro mércores en Santiago
    Yolanda Castaño bota a andar unha residencia literaria

    Yolanda Castaño bota a andar unha residencia literaria

    • 2019-02-22 10:40:59
    Unha figura internacional abrirá en vindeiras datas 1863
    Alertan do deterioro dun importante exvoto mural en Ribadeo

    Alertan do deterioro dun importante exvoto mural en Ribadeo

    • 2019-02-22 10:31:01
    Recolle unha miragre sucedida nunha viaxe ás Indias

    Hoxe na nosa edición

Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada