culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada

    A Iª Semana da Novela Negra levará un misterio ao barrio santiagués de San Pedro
    A acción conta con varias actividades e un caso ficticio por resolver

    • 16 / 3 / 2018
    • Santiago. Redacción
    • LiteraturaSociedadePolíticas Culturais
    Compartir:


    O barrio compostelán de San Pedro, zona de especial axitación cultural da capital, celebrará a partir do vindeiro 6 de abril a primeira edición da Semana da Novela Negra. A acción está promovida pola Libraría Pedreira e conta cunha serie de actividades arredor deste xénero, tanto en narrativa como en banda deseñada, ilustración, cinema... Levaranse a cabo coloquios, debates e presentacións coa presenza de escritores e escritoras de prestixio na literatura galega como Ledicia Costas, Elena Gallego, Miguel Anxo Fernández ou Diego Ameixeiras. Como fío condutor das actividades, grazas á colaboración do escritor Héctor Cajaraville, creouse un misterio para que a xente que o desexe poida resolver: a desaparición no ano 2006 dun personaxe ficticio, Emilio Bugallido Matalobos, cuxo corpo apareceu neste 2018.

    Como antesala das actividades do 6 ao 15 de abril, dende esta mesma semana haberá unha serie de pistas repartidas polo barrio de San Pedro, nos 20 locais e comercios colaboradores, que permitirán identificar quen está detrás desta desaparición. Ao modo das clásicas novelas de misterio, existen varias persoas sospeitosas, cuxas testemuñas se poderán ler en documentos repartidos polos locais participantes. Para facilitar o labor, hai 10 fragmentos dun relato onde se conta toda a historia de Emilio, e que se poderán atopar coa compra dos produtos marcados co distintivo da Semana da Novela Negra. A primeira persoa que acerte recibirá como premio un pack consistente nunha cea, un agasallo e unha cartilla con vales desconto nos establecementos do barrio participantes, con validez para consumir os cupóns durante todo o 2018. Tamén haberá 20 cartillas con vales desconto para o resto de persoas que resolvan o misterio, que se coñecerá o 14 de abril.

    Literatura Sociedade Políticas Culturais
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    As institucións do país únense arredor da figura de Antonio Fraguas

    As institucións do país únense arredor da figura de Antonio Fraguas

    • 2019-02-22 14:48:37
    Presentado o programa inicial de actividades, exposicións e publicacións de apoio ao Día das Letras Galegas
    Quico Cadaval leva a escena 'Carpe Diem' de Rubem Fonseca

    Quico Cadaval leva a escena 'Carpe Diem' de Rubem Fonseca

    • 2019-02-22 12:28:46
    A compañía Excéntricas estrea a obra o vindeiro mércores en Santiago
    Yolanda Castaño bota a andar unha residencia literaria

    Yolanda Castaño bota a andar unha residencia literaria

    • 2019-02-22 10:40:59
    Unha figura internacional abrirá en vindeiras datas 1863
    Alertan do deterioro dun importante exvoto mural en Ribadeo

    Alertan do deterioro dun importante exvoto mural en Ribadeo

    • 2019-02-22 10:31:01
    Recolle unha miragre sucedida nunha viaxe ás Indias

    Hoxe na nosa edición

Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada