culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada

    A cultura valora a enorme dedicación de Carlos García Martínez a Galicia
    O sepelio celebrarase hoxe luns ás 17 horas en Figueiras (Santiago)

    • 19 / 3 / 2018
    • Santiago. Redacción
    • sociedadepatrimonio
    Compartir:


    O sábado pola mañá falecía Carlos García Martínez, o director do Museo do Pobo Galego. Martínez, que nacera en Compostela en 1945, asumiu a dirección do Museo do Pobo Galego trala norte de Antón Fraguas e converteuse nun incansable defensor e traballador a prol desta institución e a cultura do país. O presidente do Padroado do Museo Xusto Beramendi, en declaracións a Sermos Galiza, afirmou que “foi o factótum maior, a persoa que máis horas e esforzos lle dedicou ao Museo do Pobo Galego”. Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, sinalaba a La Voz de Galicia que “tiña ideas moi firmes e unha concepción moi forte da cultura galega, especialmente centrado na súa historia, na arqueoloxía e na antropoloxía”. Pola súa banda, a Xunta de Galicia destacou “a relevante achega de Carlos García Martínez á cultura e sociedade galegas” e a súa “devoción e compromiso co país”. O sepelio celebrarase esta tarde en Figueiras (Santiago de Compostela) ás 17 horas.

    sociedade patrimonio
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    As institucións do país únense arredor da figura de Antonio Fraguas

    As institucións do país únense arredor da figura de Antonio Fraguas

    • 2019-02-22 14:48:37
    Presentado o programa inicial de actividades, exposicións e publicacións de apoio ao Día das Letras Galegas
    Quico Cadaval leva a escena 'Carpe Diem' de Rubem Fonseca

    Quico Cadaval leva a escena 'Carpe Diem' de Rubem Fonseca

    • 2019-02-22 12:28:46
    A compañía Excéntricas estrea a obra o vindeiro mércores en Santiago
    Yolanda Castaño bota a andar unha residencia literaria

    Yolanda Castaño bota a andar unha residencia literaria

    • 2019-02-22 10:40:59
    Unha figura internacional abrirá en vindeiras datas 1863
    Alertan do deterioro dun importante exvoto mural en Ribadeo

    Alertan do deterioro dun importante exvoto mural en Ribadeo

    • 2019-02-22 10:31:01
    Recolle unha miragre sucedida nunha viaxe ás Indias

    Hoxe na nosa edición

Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada