culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada

    O CDG celebrará o Día do teatro con visitas guiadas na súa sede
    Os asistentes poderán percorrer os espazos técnicos e ver ensaios de 'Divinas Palabras Revolution'

    • 26 / 3 / 2018
    • Santiago. Redacción
    • TeatroEspectáculos
    Compartir:


    Cita escollida polo CDG para o Día Mundial do teatro neste 2018
    Cita escollida polo CDG para o Día Mundial do teatro neste 2018

    O Centro Dramático Galego (CDG) festexará o Día Mundial do Teatro cunha xornada de portas abertas na súa sede en Santiago. A iniciativa da compañía pública para mañá, 27 de marzo, amosaralle ao público o edificio do Salón Teatro e a súa historia, ao tempo que lles permitirá coñecer máis a fondo o día a día nos escenarios. Están previstas cinco visitas ao longo do día: tres pola mañá (10,00 h., 11,30 h. e 13,00 h.) e dúas pola tarde (16,30 h., e 18,00 h.). Son gratuítas e están dirixidas a todos os públicos, só cómpre confirmar previamente a asistencia nos teléfonos 881 867 229 / 228 ou no enderezo electrónico centro.dramatico.galego@xunta.gal. Unha cita do dramaturgo alemán Bertolt Brecht, "Que tempos serán os que vivimos, que hai que defender o obvio", serve este ano de lema condutor das visitas. No exterior do número 34 da rúa Nova os asistentes terán oportunidade de comprender a evolución do edificio, dende a súa primeira reconstrución no 1919 como salón cinematográfico ata a adquisición do inmoble pola Xunta de Galicia e as derradeiras reformas. Ao longo da actividade, percorreranse estancias coma os camerinos, a lavandaría ou a xastraría, e accederase a espazos máis técnicos do teatro. Ademais, os participantes das quendas nos horarios de tarde terán posibilidade de presenciar un momento dos ensaios da nova produción da compañía pública, Divinas Palabras Revolution, que se estreará o 12 de abril nese mesmo escenario baixo a dirección de Xesús Ron. De feito, as visitas concluirán na sala da biblioteca, onde se realizará un sorteo de cinco entradas dobres, unha entre cada quenda de participantes, para poder asistir a algunha das funcións do espectáculo en Compostela, onde está programado ata o 29 de abril. O CDG ten previsto repetir a xornada de portas abertas o 17 de maio, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.

    CENTRO DRAMÁTICO GALEGO
    Teatro Espectáculos
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    Un novo Caldo de Gloria e unha Alborada chaman a celebrar o Día de Rosalía

    Un novo Caldo de Gloria e unha Alborada chaman a celebrar o Día de Rosalía

    • 2019-02-18 13:58:21
    A fundación da poeta e a Asociación de Escritoras convocan conmemoracións para o 24 de febreiro
    A actriz Mela Casal leva o Premio de Honra Fernando Rey

    A actriz Mela Casal leva o Premio de Honra Fernando Rey

    • 2019-02-18 13:09:03
    A Academia Galega do Audiovisual recoñece os seus trinta anos de traballos en cine e televisión
    Chega o álbum máis 'Ultralixeiro' de Novedades Carminha

    Chega o álbum máis 'Ultralixeiro' de Novedades Carminha

    • 2019-02-18 12:07:29
    No seu quinto disco a banda consolídase na liña do pop festeiro e bailable
    Unha gran Burla Negra: Ollar os tempos do Prestige

    Unha gran Burla Negra: Ollar os tempos do Prestige

    • 2019-02-18 11:42:38
    Un proxecto colectivo chama a recuperar a memoria das protestas arredor da última marea negra

    Hoxe na nosa edición

    Un novo Caldo de Gloria e unha Alborada chaman a celebrar o Día de Rosalía

    Un novo Caldo de Gloria e unha Alborada chaman a celebrar o Día de Rosalía

    • 2019-02-18 13:58:21
    A actriz Mela Casal leva o Premio de Honra Fernando Rey

    A actriz Mela Casal leva o Premio de Honra Fernando Rey

    • 2019-02-18 13:09:03
    Chega o álbum máis 'Ultralixeiro' de Novedades Carminha

    Chega o álbum máis 'Ultralixeiro' de Novedades Carminha

    • 2019-02-18 12:07:29
    Quince concellos botan a andar a Asociación de Entidades Locais pola Lingua

    Quince concellos botan a andar a Asociación de Entidades Locais pola Lingua

    • 2019-02-18 10:37:12
Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada