culturagalega culturagalega
Letras Galegas 2018
  • consello da cultura galega
  • noticias
    • todas
    • arte
    • banda deseñada
    • lingua
    • literatura
    • sociedade
    • medio
    • patrimonio
    • espectáculos
    • políticas culturais
  • en profundidade
  • axenda
  • Avg
  • lg3
  • mega
  • setestrelo
  • arte
  • banda deseñada
  • roteiros

    Nace A Viñeta de Schrödinger, unha nova revista de BD en galego
    A Mesa impulsa esta publicación trimestral dirixida por Kiko da Silva

    • 18 / 5 / 2018
    • Santiago. Redacción
    • banda deseñada
    Compartir:


    A coincidir co Día das Letras dábase a coñecer onte en Compostela a posta en marcha de A Viñeta de Schrödinger, a nova revista de banda deseñada en galego. A Mesa pola Normalización Lingüística promove este proxecto que dirixe Kiko da Silva e que quere "dar voz e visibilidade ás bandas deseñadas breves de autores/as galegos/as". A nova cabeceira contará con periodicidade trimestral, 32 páxinas cor, encadernación en rústica e tiraxe de 1.500 exemplares a un prezo de 5 euros.

    A primeira entrega, que sairá en xullo, contará con historias autoconclusivas de Miguelanxo Prado, Kohell, Miguel Porto, Aldara, Joan Casaramona, Fonso Barreiro, Zaida Novoa, Miriam Iglesias, Pablo Prado, Fran Bueno, Miguel Rojo, Víctor Rivas, Antonio M Fraga, Fernando Llor, Kiko Da Silva e portada de Miguel Robledo, e incluirá entrevistas a autores/as nacionais e internacionais da man de Roberto M. Sotomulo.

    Web de A Viñeta de Schöringer
    banda deseñada
    noticia anterior
    noticia seguinte

    Na nosa edición:

    Dous encontros amosan o xeito no que a navegación chega á literatura e cala na Historia

    Dous encontros amosan o xeito no que a navegación chega á literatura e cala na Historia

    • 2019-12-11 12:41:52
    Víctor Freixanes, María Solar e Pemón Bouzas participan hoxe nun parladoiro en Pontevedra
    Os XIII Premios Barbantia para Ana Romaní, o pintor Xoán Fernández e a Pousada da Galicia Imaxinaria

    Os XIII Premios Barbantia para Ana Romaní, o pintor Xoán Fernández e a Pousada da Galicia Imaxinaria

    • 2019-12-11 11:49:33
    Este sábado a asociación fará a entrega de galardóns e presentará o XVº Anuario de Estudos do Barbanza
    A Mesa presenta o seu catálogo de agasallos en galego para o Nadal

    A Mesa presenta o seu catálogo de agasallos en galego para o Nadal

    • 2019-12-11 11:35:45
    Achega máis dun cento de propostas para realizar un consumo responsable a nivel de lingua
    Estrea en Galicia a coprodución internacional 'Se fosen turistas, levarían gafas de sol'

    Estrea en Galicia a coprodución internacional 'Se fosen turistas, levarían gafas de sol'

    • 2019-12-10 12:03:01
    O Salón Teatro de Santiago acollerá esta obra da que participan o Centro Dramático Galego e a Secretaría Xeral da Emigración

    Hoxe na nosa edición

Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org.
RSS | Aviso legal | O equipo do portal | Licenza de uso
Inicio/Axenda/Lg3/Mega/Ciencia/Arte/Ciencia/Banda deseñada